Inicio Noticias Xerais XI Memorial Pedro García Vilar 2019. Resumen
 
 

XI Memorial Pedro García Vilar 2019. Resumen

ADR Numancia de Ares

 SDC Galicia de Mugardos, Ural CF e SCDR Ánimas os campións.

O sábado 7 e domingo 8 de setembro disputouse en Prados Vellos a XI edición do Menorial Pedro García Vilar. Torneo de F8 no que a ADR Numancia de Ares rinde homenaxe a unha das figuras máis emblemáticas da entidade.

O torneo comenzou o sábado coas categorías de prebenxamíns e benxamíns que foron alternando os seus encontros. Os participantes de prebenxamíns foron tres equipos: O Ural CF coruñés, os nosos veciños da SDC Galicia de Mugardos e os pequenos da ADR Numancia de Ares. Na categoría de benxamíns participaron os mesmos equipos que se presentaron na categoría de prebenxamíns, máis un cuarto equipo, o Meirás CF.

Acompañou o bo tempo, boa asistencia de afeccionados ó recinto aresán, e partido a  partido rematamos a xornada deixando ó Ural CF como gañador na categoría de benxamíns e á SDC Galicia de Mugardos como vencedor da categoría de prebenxamíns.

A xornada dominical tería oito actores na categoría de alevíns: SCDR Ánimas , CD As Pontes, Ural CF, SD Rápido de Neda, CCRD Perlío, SDC Galicia de Mugardos, SDC Galicia de Mugardos 'B'  e  ADR Numancia de Ares. A xornada matinal, que comenzou co ceo encapotado e pouco a pouco deu paso ó sol, presentouse coa disputa de dous grupos xogandose os emparellamentos para a xornada do serán. Xornada que remataría con a  SCDR Ánimas como gañador to torneo.

ADR Numancia de Ares. XI Memorial Pedro Garía Vilar 2019.Prebenjamines

Resultados da categoría Prebenxamín

ADR Numancia de Ares. XI Memorial Pedro Garía Vilar 2019. Benjamines

Resultados da categoría Benxamín

ADR Numancia de Ares. XI Memorial Pedro Garía Vilar 2019.Alevines

Resultados da categoría Alevín

ADR Numancia de Ares. XI Memorial Pedro Garía Vilar 2019.Galería

Galería fotográfica do torneo

En resumo, fin de semana cheo de fútbol en Prados Vellos, e dos máis pequenos, que e a mellor maneira de honrar a figura de Pedro.

Dende o clube queremos agradecer e felicitar a todos os clubes participantes (deportistas, corpos técnicos e afeccionados) e ós colexiados, polo seu excepcional comportamento e colaboración para que todo fose unha festa do fútbol.

Agradecer a colaboración para poder organizar este torneo ó Concello de Ares, Protección Civil, Gadis, e todas as outras entidades e persoas, grandes ou pequenas, que na medida das súas posibilidades aportaron o seu esforzo para que todo saíra adiante.

E por s posto, mandar un afectuoso abrazo á familia de Pedro.

¡¡Moitas grazas a tod@s!!

 

#ForzaNuman, #AupaNumancia

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.