Inicio Noticias Xerais ADR NUMANCIA DE ARES 4 - CULTURAL MANIÑOS 5
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 4 - CULTURAL MANIÑOS 5

ADR Numancia de AresESTIVO PRETO, PERO NON POIDO SER...

Partido correspondiente a eliminatoria dos 1/8 de Final da Copa da Ría, celebrado na tarde do domingo en Prados Vellos cunha excelente asistencia de aficionados de ambos equipos.

 

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores para este partido:

NUMANCIA: Arnoso, Óscar, Antón, Juan, Marcelo, Elías, Iván Pivo, Espiñeira, Julio, Ángel e Chapu. Tamén: Amenedo, Martín, Pablo Ferro, Fran Ripas e Vicente.

ADR Numancia de Ares. Temporada 2018-2019. XIX COPA DELEGACION FERROL. Octavos de Final - Prados Vellos - 26/05/2019. ADR Numancia de Ares, 4 - C. Maniños SD, 5 Chegaba o Cultural Maniños a Prados Vellos ferido despois do descenso a Segunda Galicia para medirse a un Numancia ilusionado con pasar de ronda e xogar ante o Mugardos en Ares. Nos primeiros minutos saíron con forza, pero foron os numantinos os que abriron brecha no marcador. Ángel aproveitaba unha asistencia de Chapu para facer o 1-0 e Chapu facía o 2-0 de cabeza aproveitando un rechace do porteiro visitante a tiro de Julio. Os numantinos conseguían dous goles de vantaxe aos quince minutos de xogo. Os de Fene non se renderon, levando perigo polas bandas con Dani Fuguillas e Roi. Así foi como mediada a segunda metade un centro dende a dereita o remata Roi para facer o 2-1. Os dous equipos gozaban dalgunha ocasión, pero sería novamente o ex - numantino, Roi o que facía esta vez o 2-2 para o Maniños despois dunha boa xogada colectiva. Con empate no marcado chegabamos ao descanso.

A segunda metade comezou moi mal para o Numancia. Javi González facía o 2-3 de penalti e Roi facía un hattick colocando o 2-4 no marcador despois dun rechace. Pintaban bastos, pero apareceo o espíritu numantino. Juan, de penalti facía o 3-4. Cando parecía reaccionar o  Numancia, chegaba o 3-5 obra de Grueiro. Por si fora pouco, Julio era expulsado. Pero os numantinos non querían caer na Copa, conseguiron o 4-5 por medio de Elías e gozaron de ocasións ata o final para levar o partido a tanda de penaltis. O partido pechábase con dúas novas expulsións, con vermellas para Antón e Dani Fuguillas e coa eliminación do Numancia da Copa nun gran partido, cun gran ambiente e revolucións moi altas tando dentro do terreo de xogo. O típico na Copa... pero non por iso podemos deixar de condenalo.

Resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

Galería fotográfica do partido.

Remata polo tanto unha temporada na que o Numancia finalizou sexto clasificado na Segunda Galicia e chegou ata os Oitavos de Final da Copa Delegación de Ferrol.  Dende o club queremos agradecer a todos os xogadores e adestradores polo sacrificio, tempo e dedicación durante estos nove meses de competición. Tamén, como non, dar as gracias a toda a fiel afición que estivo co equipo tanto nos partidos de Prados Vellos como nos disintos desprazamentos. Agora e tempo de disfrutar das vacaccións futbolísticas, reflexionar e planificar con esmero a próxima temporada. ¡¡¡MOITAS GRACIAS A TOD@S¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.