Inicio Noticias Xerais ADR NUMANCIA DE ARES 5 - SAN MATEO CF 0
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 5 - SAN MATEO CF 0

ADR Numancia de AresUN PASO MAIS. O CULTURAL MANIÑOS AGARDA NOS OITAVOS.

Partido correspondiente aos 1/16 de Final da Copa Delegación de Ferrol, disputado na tarde do domingo en Prados Vellos con boa presencia de público.

Nos prolegómenos do partido, a nosa Presidenta, Elena Fuentes fíxolle entrega a Chapu dun agasallo do club, consistente nun cadro con fotografías de Chapu xogando co Numancia durante esta temporad. Un pequeno detalle para recoñecer ao Pichichi da Segunda Galicia 2018 - 2019. ¡¡¡Noraboa, Chapu¡¡¡

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso, Óscar, Antón, Juan, Marcelo, Elías, Iván Pivo, Julio, Espiñeira, Carlos Vázquez e Ángel. Tamén: Vicente, Teti, Martín, Chapu e Berto.

ADR Numancia de Ares. Temporada 2018-2019. XIX COPA DELEGACION FERROL. Primera Eliminatoria - Prados Vellos - 19/05/2019. ADR Numancia de Ares, 5 - San Mateo CF, 0Chegaba novamente o San Mateo a Prados Vellos moi xusto de xente, con apenas un cambio. Os nosos, motivados ante a competición de Copa, non desperdiciaron a ocasión para conseguir outra goleada, que poido ser aínda maior de non ser pola gran actuación do porteiro rival, Carlos Leal. Comezaba o partido con dominio claro do Numancia, con ocasións de gol para Espiñeira e Iván Pivo. No minuto 15 chegaba o 1-0, cunha internada de Espiñeira por banda esquerda, pase da morte e gol de Carlos. Nos minutos posteriores protagonismo para os porteiros, con dúas boas intervencións tanto de Arnoso como de Carlos Leal.  Pouco despois, Ángel cabezeaba un balón fora desde o punto de penalti. Carlos e Juan gozaban de boas ocasións, pero sería Elías cun bo remate en plancha a centro de Juan o que conseguiría o 2-0 pouco antes do descanso.

Na segunda metade tardamos en ver goles, os paus e o gardarredes visitantes evitaron os tantos de Ángel, Chapu ou de Iván Pivo. No minuto 80, Martín aproveitaba un gran pase de Iván Pivo para facer o 3-0. Nos últimos minutos, Iván Pivo conseguía dous goles, o último cun bonito gol en plancha para deixar o definitivo 5-0 no marcador de Prados Vellos.

Resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro. 

Galería fotográfica do partido.

ADR Numancia de Ares. Temporada 2018-2019. XIX COPA DELEGACION FERROL. Primera Eliminatoria - Prados Vellos - 19/05/2019. ADR Numancia de Ares, 5 - San Mateo CF, 0

En resumo, partido cómodo para un Numancia ante un rival que se resistiu ata que lle deixaron as forzas. Cun 5-0 ante o A Capela e outro 5-0 ante o San Mateo chega o Numancia ata os Oitavos de Final. Comeza o mais bonito. O próximo domingo ás 18:00 visita Prados Vellos o Cultural Maniños, que ven de rematar a Liga da Primeira Galicia, onde tristemente descendeu. Un Maniños ferido e con ganas de desquitarse do descenso buscará o domingo en Ares o pase aos Cuartos de Final de Copa. Os nosos queren seguir avanzando na competición, non se poñen metas e mais sabendo que o vencedor deste partido xogará nos Cuartos de Final ante o vencedor da eliminatoria, Ortigueira CF - Galicia de Mugardos. ¿Teremos o gran derbi en Prados Vellos a primeira fin de semana de Xuño?.  Eso queremos todos, pero para iso necesitamos o apoio de toda a MAREA VERMELLA o próximo domingo en Prados Vellos.

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.