Inicio Noticias Xerais SITUACIÓN DOS EQUIPOS DA BASE
 
 

SITUACIÓN DOS EQUIPOS DA BASE

 ADR Numancia de AresRECTA FINAL DAS COMPETICIÓNS. OS INFANTÍS, DISPUTARÁN A FASE DE ASCENSO

Dúas xornadas quedan nas diferentes competicións da base, agás en Xuvenís que xa comezan co Torneo Concello de Narón.

XUVENÍS: Antes da Semana Santa finalizaron a Liga do segundo grupo da categoría na terceira posición, logo de derrotar na última xornada a un AD Miño que se xogaba un título que finalmente foi parar a mans do Galicia de Mugardos. Este sábado ás 17:00 no campo de A Pedreira xogarán un novo derbi ante os mugardeses, nun Torneo Concello de Narón dividido en dous grupos de tres equipos, todos do grupo B da Liga, onde os dous primeiros da liguilla a unha volta xogarán as semifinais. A final está prevista para o 25 de Maio en Río Seco (Narón).

CADETES: Na última xornada caían ante o líder e presumiblemente campeón do grupo B da Liga, o Eume Deportivo. Agora afrontan as dúas últimas xornadas onde poderían subir algún posto, estando situados actualmente na zona media. O sábado ás 11:30 en Prados Vellos reciben ao CCRD Perlío.

INFANTÍS: O equipo infantil garantiu antes da Semana Santa a cuarta posicion do grupo principal da categoría, despois de vencer ao Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. Esta cuarta posición da dereito a xogar a Fase de Ascenso a Liga Galega como terceiro de Ferrolterra, xa que o Galicia de Caranza "B" non pode xogala ao ser un filial. Gran premio para os rapaces por esta fantástica competición de Liga a que aínda lle faltan dous partidos por disputarse. O primeiro deles o afrontarán en Neda o sábado ás 16:30.

ALEVÍNS: Esixente temporada para o equipo alevín do Numancia, que está a competir no grupo principal da categoría. Actualmente ocupan a quinta posición, restando dúas xornadas. O venres ás 18:35 en Prados Vellos reciben ao Narón O Freixo.

BENXAMÍNS: O equipo benxamín compite no segundo grupo da súa categoría, sendo actualmente o segundo clasificado cando restan dúas xornadas por disputarse. O venres ás 18:15 xogan ante o Meirás CF no campo de A Malata - 3, en Ferrol. 

PREBENXAMÍNS: Os equipo prebenxamín xoga no segundo grupo da categoría, son líderes do mesmo e dependen de si mesmos para quedar campións de grupo. Restan dúas xornaas e a primeira a xogarán este venres as 17:30 ante o Galicia de Caranza "B" en Prados Vellos.

BIBERÓNS: Os mais pequenos do Numancia seguen disfrutando no Pavillón de Ares, xogando nas últimas datas partidos amigables ante O Parrulo FS, tanto en Ares como no Pavillón de A Malata e ante o Narón O Freixo a domicilio. Cando chegue o bo tempo, acudirán a Prados Vellos para levar a cabo as últimas sesións de adestramento da temporada.

¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.