Inicio Noticias Xerais UDC NARAHÍO 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 0
 
 

UDC NARAHÍO 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 0

ADR Numancia de AresMOITO QUE DICIR E POUCO QUE CONTAR....

Partido correspondiente a 18ª xornada da Segunda Galicia de Ferrolterra, grupo "A", disputado na tarde do domingo no campo de A Veiga de Narahío cunha nutrida presencia de aficionados numantinos.

Narahío, 31 de Marzo do 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso, Amenedo, Berto, Teti, Marcelo, Elías, Martín, Julio, Espiñeira, Pablo Ferro e Joaquín. Tamén: Juan, Fran Ripas, Ángel, Alex Pita e Óscar.

Visitaba o Numancia por primeira vez na temporada o campo de A Veiga de Narahío, no concello de San Sadurniño. Un campo pequeno e de herba natural no que xoga un Narahío que está a facer unha extraordinaria temporada, situado na cuarta posición. Ambos equipos contaban con baixas, o que propiciou moitas rotacións, algo que nos numantinos foi unha tónica habitual na temporada debido a falta de xogadores por lesións, motivos persoais ou algunha que outra sanción. Por sorte a amplitude da plantilla permitulle aos nosos presentar equipos competitivos en todos os partidos, a pesar de que neste mes de Marzo os resultados non acompañaran. Centrándonos no partido do domingo, rescatamos a frase do gran Arsenio Iglesias, "Mucho que decir y poco que contar". Moito que dicir e quizáis que analizar mais adiante, porque do partido en si pouco podemos contar. Centrocampismo, disputas, xogo aéreo e poucas ocasións. O público que se achegou ata A Veiga non disfroutou de bo fútbol. A falta de fútbol, o que si que tivo o partido é intensidade e algunha que outra acción brusca e incomprensible no tramo final do mesmo, sempre contando coa permisividade do señor colexiado, Martín Zakaryan, que neste partido por sorte ou desgracia para os xogadores, non tivo a ben aplicar o regulamento o pe da letra. E asi foi como entre unhas cousas e outras o partido chegaba aos últimos minutos, nos que o dianteiro local Baba facía o 1-0 definitivo despois dun barullo na área. Cando veñen mal dadas, xa veñen todas xuntas...

Clasificación e resultados da xornada

Acta abreviada do encontro

Restan por disputarse catro xornadas. O Numancia recibirá ao Neda, visitará ao Perlío, xogará en Prados Vellos co San Mateo e finalizará a Liga no Bernarnido Breijo, ante o Cebarca. Catro partidos nos que os nosos buscarán cambiar a mala dinámica, garantir quedar cando menos entre os cinco primeiros clasificados e chegar coa moral, ilusión e coas forzas cargadas e intactas a sempre ilusionante competición de Copa.

O domingo ás 17:30 en Prados Vellos un clásico do fútbol modesto, Numancia - Neda. ¡¡¡Todos a Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.