NUMANCIA DE ARES 3 - MEIRÁS CF 5

ADR Numancia de AresCALORES DE PRIMAVERA

Partido correspondiente a 17ª xornada da Segunda Galicia de Ferrolterra grupo A, disputado na tarde do domingo en Prados Vellos cunha boa presencia de público.

Ares, 24 de Marzo de 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose An´tón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Amenedo, Antón, Juan, Marcelo, Martín, Julio, Iván Pivo, Espñeira, Alex Pita e Chapu. Tamén xogaron: Teti, Elías, Berto, Pablo Ferro e Arnoso (p.s.)

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.. Numancia, 3 - Meirás, 5Tarde moi soleada e calurosa en Ares, que influíu no partido entre dous equipos da zona alta. O ritmo do partido foi lento, pero as ocasións de gol cada vez que os equipos chegaban as áreas déronlle moita vida ao encontro. A primeira ocasión clara foi para Juan nunha falta que despexaba o porteiro. Respondía o Meirás cun disparo por enriba de Kike que marchaba fora. No minuto 34 chegaba o 0-1 obra de Adrián de cabeza. Pouco despoís, Chapu aproveitaba unha indecisión entre un defensa e o porteiro do Meirás para anotar o 1-1. Minutos mais tarde era  o visitante Diego o que apoveitaba un balón á espalda da defensa numantina para facer o 1-2. Lanzaba o noso Martín un disparo fora por moi pouco, e xusto antes do descanso de novo aparecía Chapugol para facer o 2-2 recollendo un rexeite do porteiro tras falta lanzada por Julio.

Os primeiros minutos da segunda metade foron os mellores do Numancia. Tras varias chegadas a área Chapu e Julio desperdiciaban dúas ocasións a balón parado. Cando se perdoa... págase. Chegaba o 2-3 do Meirás, anotaba Abraham despois de que a defensa numantina non non conseguira despexar o balón. Pouco despois nova ocasión de Martín quie salvaba o porteiro. De seguido, bonita volea dos visitantes que daba no travesaño. No minuto 69 Alex Pita aproveitaba unha boa asistencia para facer o 3-3. No úlimo tramo do partido, cos trocos realizados mancábase Martín, polo que os nosos quedaban con 10 xogadores. Iso aproveitouno ben o Meirás para facer dous novos goles por medio de Dani Villar e certificar así o 3-5 definitivo.

En definitiva, non foi un mal partido en líneas xerais do Numancia, pero a falta de acerto nas áreas tanto en ataque como en defensa está lapidando as opcións de vitorias na casa. Nos dous últimos partidos en Prados Vellos, 6 goles a favor e 10 en contra....

Clasificación e resultados da xornada

Acta abreviada do encontro

Galería fotográfica do encontro

Toca levantarse e afrontar a visita ao UD Narahío. Será o vindeiro domingo ás 17:30 no campo de A Veiga.

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.