Inicio Noticias Xerais SORTEO COPA DE FERROLTERRA - AFICIONADOS
 
 

SORTEO COPA DE FERROLTERRA - AFICIONADOS

ADR Numancia de AresO NUMANCIA RECIBIRÁ AO ADC A CAPELA NA ELIMINATORIA PREVIA

O pasado martes 12 de Marzo tivo lugar no local da Delegación de Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol o sorteo da Copa de Ferrolterra de Aficionados 2018 -2019.

Como na temporada pasada, o noso equipo terá que xogar unha das eliminatorias previas. Será o 12 de Maio en Prados Vellos ante o ADC A Capela. O vencedor desta eliminatoria previa, xogará o 19 de Maio como local ante o San Mateo CF. Desta forma, o vencedor do partido Numancia ou ADC Capela - San Mateo CF recibirá no seu terreo de xogo nos Octavos de Final ao Cultural Maniños, un dos equipos da Primeira Galicia que se incorpora á Copa nesa ronda da mesma. Polo tanto, o Numancia buscará superar en Prados Vellos ao ADC Capela e ao San Mateo CF para poder xogar un bonito derbi en Prados Vellos ante o Cultural Maniños a partido único. A bo seguro, que A Capela e San Mateo serán rivais duros que farán tamén todo o posible por chegar aos Oitavos de Final. A sorte está botada....

AUPA NUMANCIA

 ADR Numancia de Ares. Copa Delegación de Ferrol 2019.

ADR Numancia de Ares. Copa Delegación de Ferrol 2019.

ADR Numancia de Ares. Copa Delegación de Ferrol 2019.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.