NUMANCIA DE ARES 3 . GALICIA DE MUGARDOS "B" 5

ADR Numancia de AresCARNAVAL, CARNAVAL...

Partido correspondiente a 15ª xornada da Segunda Galicia grupo "A", disputado na tarde do sábado nun campo de Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.. Numancia, 3 - G.Mugardos, 5

Nos prolegómenos do partido,o representante das Bodegas & Vinos Ares, Alex Pérez entregoulle a Dani Espiñeira o premio como mellor xogador do mes de Febreiro.

No descanso do partido, sorteouse entre todas as mulleres presentes no campo de fútbol un ramo de flores, para conmemorar o Día Internacional da Muller. A aficionada mugardesa, Lida Ponce foi a afortunada e recibiu o ramo de flores de mans dos capitáns dos dous equipos, Julio Escudero e Jose Martínez.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso, Óscar, Antón, Teti, Marcelo, Elías, Fran Ripas, Dani Espiñeira, Julio, Ángel e Chapu. Tamén: Alex Pita, Martín, Amenedo, Pablo Ferro e Kike (p.s.)

Gran ambiente en Prados Vellos para ver o terceiro derbi da temporada entre aresáns e mugardeses, os dous primeiros, na Pedreira caeran do lado numantino, pero na tarde do sábado en Prados Vellos foron os visitantes os que se fixeron coa vitoria. Chegaba o Numancia ferido despois da dura derrota ante o Valdoviño da pasada xornada. Por contra, o Mugardos "B" chegaba eufórico despois de vencer con claridade na Pedreira ao San Sadurniño. O estado de ánimo dos dous equipos notouse no partido. Os visitantes, saíron serios e decididos ao campo ante un Numancia ausente, nervioso e demasiado precipitado. Romerito, facía o 0-1 no minuto 3 aproveitando un balón ás costas da defensa numantina. Tardaron os nosos en entrar no partido, pero no minuto 12 unha boa parede entre Chapu e Dani Espiñeira e finalizada por este último en gol, facendo o 1-1. Pouco despois chegaba unha ocasiòn clara de Romerito e outra do noso xogador, Ángel. No minuto 22, o visitante Marcos recibía un centro dende á dereita para cunha bonita volea facer o 1-2. Chapu e Ángel tiñan o empate, pero Alex Yañez respondía con dúas paradas. No 44, unha internada de Óscar por banda dereita finaliza cun centro que Chapu recolle para anotar o 2-2, "a reviravolta" xusto antes do tempo de descanso.

A segunda metade comezou igual que a primeira, co Numancia durmido e con gol visitante. De novo Marcos Varela aproveitaba a relaxación da defensa vermella para facer o 2-3. Con centrocampismo e a tensión crecendo transcurría a segunda metade, ata que no minuto 70 unha bonita asistencia de Chapu é aproveitada por Alex Pita para facer o 3-3. Lonxe de virse arriba co empate, os nosos sucumbiron no último tramo de partido ante un conxunto mugardés mais fresco e centrado. Alex Otero facía o 3-4 cabeceando un córner na área pequena de Carlos e Josiño facía o 3-5 transformando un claro penalti. Os tres puntos marchaban xustamente para Mugardos para sorpresa e decepción da parroquia numantina e para ledicia da afición mugardesa.

Clasificación e resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

Galería Fotográfica do encontro.

En definitiva, un derbi no que o Galicia foi mais intelixente e mais efectivo ante un Numancia demasiado relaxado e impasible, que en ningún momento tivo a intensidade qu require un derbi. Bonita tarde de fútbol e convivencia en Prados Vellos, nun clima de deportividade e respeto (mais alá dos piques clásicos dun derbi) e na que a Garda Civil soamente apareceu en forma de aficionado do Galicia de Mugardos disfrazado. ¡¡¡¡Que así sexa sempre¡¡¡.  Últimamente nos derbis, estamos dando exemplo. ¡¡¡Noraboa a todos¡¡¡

Os nosos céntranse xa no partido do próximo domingo ás 18:00 no Municipal de Moeche. Toca facer limpeza emocional para intentar competir o mellor posible nas últimas seis xornadas de Liga, buscando finalizar no pódium da categoría. Posteriormente chegará a Copa, que este martes 12 de Marzo sortease no local da Real Federación Galega de Fútbol en Ferrol.

AUPA NUMANCIA

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.