SD VALDOVÑO 2 - NUMANCIA DE ARES 1

ADR Numancia de Ares"LO QUE EL VIENTO SE LLEVÓ"

Partido correspondiente a 14ª xornada da Segunda Galicia de Ferrolterra, grupo "A", disputado na tarde do domingo nun campo Municipal de Caranza que rexistrou unha magnífica entrada.

Caranza, 3 de Marzo do 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso,  Óscar, Antón, Vicente, Marcelo, Teti, Elías, Iván Pivo, Julio, Dani Espiñeira e Ángel. Tamén: Carlos Vázquez, Chapu, Juan, Fran Ripas e Kike (p.s.)

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.. Valdoviño, 2 - Numancia, 1Moita expectación para o partido entre Valdoviño e Numancia, segundo e terceiro clasificado da Liga antes do inicio do partido. Mágoa que o Municipal de Caranza, exilio do equipo do concello de Valdoviño contou cun indesexado convidado, o forte vento que desluciu e condicionou totalmente un partido que prometía moito. Na primeira metade foi o Numancia quen contou co vento a favor. A primeira ocasión clara numantina foi de Espiñeira, pero un defensa sacaba o balón. Na contra, Borja podio adiantar ao Valdoviño, pero o balón foise fora por pouco. Os nosos, terminaron sendo claros dominadores da primeira metade, gozando de claras ocasións como unha de Ángel tras unha bonita xogada colecitva, a cal sacaba un defensa local baixo paus. O propia Ángel, participaba activamente no 0-1, controlando maxistralmente un saque de Arnoso e asistindo a Dani Espiñeira para que éste adiantara ao Numancia. Antón, cun cabezazo tras saque de esquina tivo a opción de ampliar a renta numantina, pero o marcador non se moveu antes do descanso.

Na segunda parte as cousas cambiaron moito. O vento arreciou aínda con mais forza, apareceu a choiva e desta vez as condicións climatolóxigas favoreceron claramente ao Valdoviño. Co paso dos minutos, o bo equipo local foi pechando ao Numancia no seu campo e gozando de claras ocasións de gol. Un disparo que marchaba fora por pouco e un gran disparo ao travesaño da meta de Arnoso presaxiaban o peor. E así foi. Despois dun lanzamento de media distancia rexeitado por Arnoso chegaba o penalti do noso gardarredes sobre un dianteiro local. Jorge Arteaga transformaba a pena máxima establecendo o 2-1 no minuo 80. Aguantaron os nosos as embestidas laranxas, pero prero do final un novo misil terra - aire sorprende a Arnoso que rexeita como pode, o balón termina caéndolle a Jesús Peña, que de cabeza facía o 2-1. No tempo de desconto, impotencia do  Numancia cunha expulsión de Vicente que impedía calqueira atisbo de reacción do noso equipo nun partido moi esixente polo rival e polas condicións climatolóxicas. Estamos moi orgullosos da loita dos nosos xogadores, aínda que por cousas do fútbol, non foran capaces de traer nada positivo do Municipal de Caranza.

Mención aparte a da afición numantina, que como é costume nas grandes citas asistiu a Caranza en procesión, dando ánimo e color a este partido. Ahí sempre vencemos por goleada. ¡¡¡Moitas gracias Marea Vermella¡¡¡

Clasificiación e resultados da xornada

Acta abreviada do encontro

Galería fotográfica do encontro

Galería fotografica do encontro (muchacalidad.com)

Video resumen do encontro (LFM Fútbol)

Agora toca afrontar a recta final da competición, loitando por quedar o mais arriba posible. Se non pode ser na segunda posición, agardemos que sexa na terceira, pero estamos seguros que os nosos farán unha gran recta final de Liga para chegar con forza e ilusión a unha competición de Copa da que son actuales semifinalistas.

E como non hai mellor maneira de motivarse e curarse despois dunha derrota que cun derbi, o próximo SÁBADO as 17:00 en Prados Vellos recibiremos a visita do Galicia de Mugardos "B". Posteriormente ás 22:00, os nosos disfrutarán dunha mais que merecida cea de Entroido no Restaurante A Casa Nova de Ares.

¡¡¡Vémonos tod@s o sábado en Prados Vellos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.