SITUACIÓN DOS EQUIPOS DA BASE

ADR Numancia de Ares.INFANTÍS E XUVENÍS, CERCA DA CABEZA DAS SÚAS LIGAS. BOA SAÚDE NO FÚTBOL - 8

Os nosos equipos da canteira non paran, adestran con moita ilusión durante toda a semana para chegar aos partidos nas mellores condicións posibles e así poder seguir coa súa aprendizaxe. Na nosa web, publicamos todas as semanas os resultados e nas redes sociais do club (Facebook e Twitter) pequenos comentarios dos partidos e fotografías (algunhas as podeder ver tamén na Galería Fotográfica da web).  Hoxe queremos analizar neste espacio como están os nosos equipos nesta parte da temporada na que nos atopamos:

XUVENÍS: Despois dunha irreguar Primeira Fase, que os condenou o segundo grupo da categoría, os de Chemari e Cartelle son segundos neste grupo, a tres puntos do primeiro clasificado, o Galicia de Mugardos. O pasado sábado vencían por 2-5 no flamante campo de herba artificial de O Poboado, no que era o primeiro partido da Segunda Volta. Este sábado, a partir das 17:00 en Prados Vellos reciben ao líder, o Galicia de Mugardos nun derbi no que media Liga está en xogo. ¡¡¡Contamos con todos vos para apoialos¡¡¡

CADETES: Os de Juan Alberto Rodríguez e Kiko Iiglesias compiten tamén no segundo grupo da categoría. O pasado venres conseguían empatar 4-4 no derbi ante o Galicia de Mugardos. Están situados na zona media baixa da clasificación e este venres viaxan ata Ortigueira onde as 18:45 xogan ante o equipo local no campo de San Claudio.

INFANTÍS: Os de Ángel Mahía e Alberto Iglesias compiten no grupo principal da categoría, onde os tres primeiros clasificados (agás os filiais do Racing de Ferrol e o Galicia de Caranza) xogarán a Fase de Ascesnso a Liga Galega. O pasado sábado vencían ao Rápido de Neda por 4-2. Están situados na cuarta praza, a dous puntos do Galicia de Caranza "B" e do Narón O Freixo, e empatados a puntos coa SD O Val. A día de hoxe serían o terceiro conxunto que xogaría a fase de ascenso. O próximo venres ás 17:30 visitan ao líder, ao Galicia de Caranza "B".

ALEVÍNS: Os de Genete Margharetto e Eloy Escudero participan tamén no grupo principal da categoría. O pasado sábado empataban a domicilio do Narón O Freixo. Actualmente ocupan a quinta posición da clasificación, e o próximo venres as 18:35 reciben en Prados Vellos ao Racing de Ferrol "C".

BENXAMÍNS: Os de Dani Espiñeira e Juan Escudero compiten no segundo grupo da categoría. O pasado venres derrotaban en Prados Vellos ao Meirás CF. Están situados na segunda posición, cun partido menos xogado que o líder, o CD Narón "B" que os supera en dous puntos. Xogan o venres as 18:10 a domicilio do Galicia de Caranza "D",

PREBENXAMÍNS: Os de Dani Cartelle e Jose "Macuto" compiten tamén no segundo grupo da categoría. O pasado venres vencían ao Galicia de Caranza "B" en Ferrol. Son líderes, con tres puntos mais que o segundo clasificado. O próximo venres ás 17:30 en Prados Vellos xogan ante o Racing de Ferrol "B".

BIBERÓNS: Os de Jorge Martínez e Javier Varela adestran semanalmente no Pavillón de Ares. Xogaron dous partidos de exhibición ante o Rápido de Neda, e coa chegada do bo tempo xa fixeron algunha que outra aparición polo campo de fútbol. Agardan continuar divertíndose e aprendendo con adestramentos e algúns partidos tanto na pista como no campo, a espera dos Torneos de final de temporada ou dalgunha convivencia da Asociación AFACO.

Como podedes observar, os mais de 70 nenos do club non paran en toda a semana. Seguiremos informando nas redes sociais puntualmente das suas evolucións.

FACEBOOK: Sdr Numancia de Ares

TWITTER: @Numanciares

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.