Inicio Noticias Xerais ADR NUMANCIA DE ARES 6 - UD CEBARCA 1
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 6 - UD CEBARCA 1

ADR Numancia de AresGOLEADA PARA COLLER CONFIANZA

Partido correspondiente a última xornada da Primeira Volta da Segunda Galicia de Ferrolterra - Grupo "A", disputado na tarde do domingo en Prados Vellos con boa presencia de espectadores. Nos prolegómenos do partido, o representante das Bodegas & Vinos Ares, Alex Pérez, fíxolle entrega a Iván Fernández  "Pivo" do premio como mellor xogador do mes de Xaneiro.

Ares, 10 de Febreiro de 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Óscar, Vicente, Antón, Elias, Ivan Pivo, Carlos Vázquez, Julio, Juan, Dani Espiñeira e Chapu. Tamén: Fran Ripas, Amenedo, Pablo Ferro, Martín e Pablo Vascós.

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.. Numancia, 6 - Cebarca, 1Tarde soleada e con boa temperatura para disfrutar do último partido da primeira volta en Prados Vellos. Os nosos recibián a un Cebarca sempre correoso e perigoso, o que conseguiron desarbolar nunha magnífica segunda metade. Comezou o partido moi aberto, con chegadas as áreas por parte dos dous conxuntos. O Numancia combinaba ben tanto por dentro como polas bandas, tendo Chapu e Julio dúas boas ocasións que salvaba o porteiro rival. Os de Cerdido levaron algún perigo a balón parado. No minuto 34, Julio recollía o balón a saída dun corner e lanzaba un fermoso disparo que entraba pola escuadra esquerda da portería visitante, establecendo o 1-0. Pouco despois, Juan mandaba un balón fora por moi pouco. Antes do descanso, Aitor conseguía o 1-1 para o Cebarca tras rematar un centro dende a banda esquerda. Co 1-1 pero con boas sensacións chegabase ao descanso.

Comezaba forte a segunda parte o Numancia, cun cabezazo de Chapu e un disparo de Julio que non atopaban o premio do gol. No minuto 50, chegaba o 2-1 obra de Iván Pivo tras unha boa asistencia de Julio. Pouco despois, o gardarredes rival impedía o gol de Espiñeira. No minuto 60, Chapu conseguía o 3-1 despois de aproveitar un rechade do porteiro. Ese gol parecia romper un pouco o partido, chegababan as sustitucións e no minuto 78, o recién entrado Pablo Ferro facía o 4-1 cun bonito disparo que sorprendía ao porteiro rival. No último tramo de partido, houbo tempo para que entrara ao campo o xuvenil Pablo Vascós, e para que Julio aproveitara un xenial pase de Espiñeira para facer o 5-1, e para que Amenedo sorprendera a propios e extranos cunha gran internada por banda que finalizaba cun fermoso gol e que establecía o 6-1 definitivo no marcador.

En definitiva, gran partido do Numancia con moita soltura en ataque e con seguridade defensiva, ante un rival situado na zona media - alta da tabla. Victoria importante para seguir collendo confianza e para finalizar a primeira volta en cuarta posición, formando parte do grupo perseguidor do líder, o CCRD Perlío e tendo a segunda posición que permite xogar a Fase de Ascenso e que ocupa o SD Valdoviño, a unha distancia de tres puntos.

Clasificación e resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro

Galería fotográfica do encontro

Na próxima xornada, comeza a segunda volta da competición e os numantinos xogarán de novo na casa, co apoio da fiel e numerosa afición da Marea Vermella. Será o próximo domingo ás 17:00 ante outro rival perigoso e correoso, o San Sadurniño CF. ¡¡¡Quedades todos convocados¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.