SAN MATEO CF 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 2

ADR Numancia de AresTRES PUNTOS CAROS E MOI NECESARIOS

Partido correspondiente a penúltima xornada da Primeira Volta da Segunda Galicia, grupo "A", disputado na tarde do domingo no campo de Trasancos, cunha boa afluencia de público.

San Mateo, 3 de Febreiro de 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Amenedo, Antón, Vicente, Teti, Elías, Ivan Pivo, Marcelo, Espiñeira, Joaquín e Ángel. Tamén: Carlos Arnoso, Martín, Pablo Ferro, Óscar e Fran Ripas.

Temporada 2018-2019 SEGUNDA GALICIA GRUPO 3º A. San Mateo, 1 - Numancia, 2Tarde de domingo con boa climatoloxía nun campo de Trasancos cun aspecto mais que aceptable, tendo en conta a semana de choivas. Comezaba o partido cunha clara ocasió que o porteiro local enviaba a córner, no primeiro minuto de xogo. No primeiro tramo de partido, o encontro foi bastante aberto, chegando os dous equipos con bastante claridade as áreas rivais. No minuto 18, Ángel aproveitaba o rechace do porteiro tras un lanzamento de Espiñeira para facer o 0-1. Dominaba o Numancia, e gozaba de dúas ocasións claras, nunha delas Espiñeira atopábase co porteiro e noutra era Ángel quen mandaba o balón alto. O xogador local Jomaka gozaba da ocasión mais clara para o San Mateo, cun cabezazo que batia co pau da portería de Kike. Antes do descanso, o Numancia sufría as lesións fortuitas de Teti e de Ángel, tendo que ser os dous sustituidos. Iso provocou algún que outro desaxuste no noso equipo, polo que o tempo de lecer veu ben aos nosos. No descanso, Antón, tamén mancado deixaba o seu sitio na defensa a Óscar.

A segunda metade comezou con ocasións para o Numancia. Joaquín disparaba fora por moi pouco e Vicente de cabeza mandaba o balón ao travesaño. Pero o que conseguiu o gol foi Sergio para o San  Mateo, ao cabecear con acerto un balón tras un saque de esquina, establecendo o 1-1. Ese tanto non afectou en demasía ao Numancia, e poco despois era Joaquín o que finalizaba con éxito unha bonita xogada de ataque numantino para facer o 1-2. Na última media hora de xogo, os nosos gozaron de imnumerables ocasións para ampliar o marcador, sobretodo nas botas de Dani Espiñeira ou Joaquín. Pero unhas veces ó porteiro, outras os paus ou a mala puntería permitían seguir con vida aos locais. Por sorte, a vitoria do Numancia non correu perigo e os tres puntos tan necesarios viaxaron para Prados Vellos.

Queremos agradecer a amabilidade e o bo trato amosado hacia o noso club pola familia do San Mateo CF nas dúas visitas que realizamos esta temporada ao campo de Trasancos. Moitas gracias e sorte para o que resta de temporada.

Clasificacion e resultados da xornada

Acta abreviada do encontro

Galería fotográfica do encontro

Despois desta xornada, onde os dous primeiros clasificados, Perlío e Valdoviño empataron nos Pinares e na que o terceiro, o Neda venceu na casa ao Mugardos "B", o Numancia queda como cuarto clasificado, a tres puntos do segunda praza que da dereito a xogar a Fase de Ascenso e a sete puntos do líder, o Perlío. Na próxima xornada, a última desta Primeira Volta, recibiremos en Pradcos Vellos a visita do sempre perigoso, UD Cebarca. Será o domingo ás 16:30 e contamos como non pode ser doutra maneira, co fiel apoio da Marea Vermella que sempre acompaña ao noso equipo. Xuntos somos mellores...

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.