Inicio Noticias Xerais ADR NUMANCIA DE ARES 2 - CCRD PERLÍO 3
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 2 - CCRD PERLÍO 3

ADR Numancia de AresA IMPORTANCIA DA INTELIXENCIA EMOCIONAL

Partido correspondiente a 9ª xornada da Segunda Galicia, grupo A, disputado na tarde do domingo nun campo de Prados Vellos que rexistrou a mellor entrada da temporada.

Ares, 27 de Xaneiro do 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Óscar, Vicente, Antón, Teti, Elías,  Carlos Vázquez, Espiñeira, Iván Pivo, Chapu e Ángel. Tamén xogaron: Marcelo, Juan, Martín e Pablo Ferro.

ADR Numancia de Ares. Partido correspondiente a 9ª xornada da Segunda Galicia, grupo A, disputado na tarde do domingo nun campo de Prados Vellos que rexistrou a mellor entrada da temporada. Numancia, 2 - Perlío, 3Ambiente de gala en Prados Vellos e climatoloxía aceptable para o partido entre o Numancia e o líder da categoría, o CCRD Perlío. Os visitantes buscaban en Ares abrir brecha cos seus perseguidores, namentras que os nosos necesitaban cando menos puntuar neste partido para non quedar un pouco descolgados da cabeza. Con estos ingredientes, comezou un partido onde saía mellor o Perlío, levando perigo con balón aéreos e segundas xogadas. Os nosos non quedaban atrás, e pronto respondían cunha gran ocasión de gol que paraba un dos grandes protagonistas da tatde, o porteiro visitante, Rafa Afonso. A primeira metade foi transcurrindo con certa igualdade, aínda que ben e certo que os visitantes cando chegaban as proxímidades de Kike transmitían sensación de perigo. Pola sua parte, a aportación ofensiva do Numancia antes do descanso, foron sendos disparos tímidos de Ángel, Chapu e Dani Espiñeira. Co resultado de 0-0 chegábase ao intermedio.

Na segunda metade, a cousa foi bastante diferente. Foron 45 minutos de disfrute para un espectador neutral e de sufrimento para os aficionados numantinos e feneses. Volvían a saír mellor os visitantes, e no minuto 59 era Isma o que aproveitaba a inocencia e unha mala saída de balón dos numantinos para facer o 0-1. Non se amilanaron os nosos e pouco despois Ángel volvía a ter outra nova ocasión que Rafa abortaba con acerto. Por desgracia para o Numancia, Dani Varela facía o 0-2 no minuto 62 aproveitando un pase interior para anotar diante de Kike. Costa arriba estaban as cousas para o noso equipo, pero o espíritu numantino xurdiu coa axuda do aliento da fiel afición. Así foi como no minuto 67, Ángel aproveitaba un bo pase de Juan para facer o 1-2 con bo disparo tras varios recortes. Pouco despois, o visitante "Pocho" tivo a sentencia do partido, pero Kike estivo moi acertado. Despois de varios minutos de disputa e loita por parte de ambos equipos, Martín enviaba un bo balón para que Chapu se fixera un oco entre os defensas e fusilara a Rafa para facer o 2-2 no minuto 86. O mais difícil, levantarlle un 0-2 ao líder da categoría  xa estaba feito. Pero... somos especialistas en compricarnos a existencia. No minuto 88, cando mellor estaba o Numancia,  o Perlío volvía a fallar diante de Kike e Ángel atopábase tamén co inconmensurable, Rafa. No tempo  de desconto, pérdida de balón do Numancia, balón do Perlío á espalda da nosa defensa que recolle Borja Plana nunha posición moi protestada pola parroquia local para facer o 2-3 diante de Kike. Adenáis Juan autoexpulsábase cunha protesta. Mazazo para o Numancia nun partido que terminou con duas novas expulsións, Chapu e Borja Plana recibíran o cartón vermello directo por empuxarse sen balón por medio e dedicarse uns "piropos".  Triste final para un bonito partido entre dous clubs amigos, que loitaron con nobreza e limpeza durante todo o encontro e onde o colexiado de categoría nacional, Ricardo Landrove pasou desapercibido ata os últimos dez minutos do encontro.

* Clasificación e resultados da xornada.

* Acta abreviada do encontro.

* Galería fotográfica do encontro.

En definitiva, unha vitoria moi importante para os feneses, que siguen firmes no liderato. En canto ao Numancia, unha derrota dura, que debe de servir para reflexionar sobre os aspectos negativos e para potenciar os positivos, que tamén son moitos. Agardemos que nos próximos dous partidos que restan para pechar a primeira volta, San Mateo e Cebarca, o noso equipo amose a sua melor imaxe, con bo xogo, picardía e intelixencia emocional. A próxima cita será o domingo ás 16:15 no campo de Trasancos de San  Mateo. Xuntos, somos mellores.

¡¡Aquí ninguén se rende...¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.