IVÁN DRAGOEVICH FICHA POLO CD AS PONTES
O DIANTEIRO XUVENIL, PROBARÁ SORTE NO CD AS PONTES DA LIGA GALEGA
O noso dianteiro xuvenil, Iván Dragoevich Ibañez incorpórase a partir de esta semana, ao CD As Pontes da Liga Galega Xuvenil.
Iván, leva dende ben pequeno nas filas do Numancia, onde sempre destacou pola sua facilidade goleadora, o que lle permitiu debutar co primeiro equipo da entidade a temporada pasada, sendo aínda xuvenil de primeiro ano, así como espertar o interese de equipos de superior categoría.
Desta volta, o bo de Iván decidiuse a dar o paso de cambiar de aires e de probar sorte na Liga Galega Xuvenil, nun club serio e señor como é o CD As Pontes. Dende o Numancia, déronselle todas as facilidades para efectuar ese cambio, desexándolle a Iván toda a sorte do mundo na súa nova etapa no equipo da vila mineira; recordándolle que esta sempre será a súa casa.
¡¡¡Moita sorte, Iván¡¡¡
AUPA NUMANCIA