Inicio Noticias Xerais GALA ORGULLOS ARESANS 2018
 
 

GALA ORGULLOS ARESANS 2018

ADR Numancia de AresO NUMANCIA, HOMENAXEADO POLO CONCELLO POLOS SEUS 90 ANOS

O pasado 28 de Decembro, o  Concello de Ares organizou no Casino Aresano a primeira GALA ORGULLOS ARESÁNS 2018. Nesta Gala, o pobo de Ares rendiu homenaxe ao seu mundo do deporte e da cultura, premiando a diferentes deportistas, artistas ou asociacións vinculadas co tecido asociativo de Ares.

A ADR Numancia de Ares foi homenaxeada polos seus 90 anos de historia, que se cumpren neste 2019 recién estrenado. A nosa Presidenta, Elena Fuentes e a Vicepresidenta do club, Gelvi Fernández recolleron un agasallo de mans do alcalde de Ares, D. Julio Iglesias.A ADR Numancia de Ares foi homenaxeada polos seus 90 anos de historia, que se cumpren neste 2019 recién estrenado. A nosa Presidenta, Elena Fuentes e a Vicepresidenta do club, Gelvi Fernández recolleron un agasallo de mans do alcalde de Ares, D. Julio Iglesias. Un agasallo que dende o club queremos compartir con todas aquelas persoas que loitaron e dedicaron o seu tempo ao Numancia durante estos 90 anos e como non, queremos compartilo tamén cos nosos xogadores, adestradores, directivos, socios, colaboradores e simpatizantes que fan posible que a nosa entidade contínue moi viva neste 2019 e vaia xa camiño do seu centenario.

Moitas gracias ao Concello de Ares por lembrarse do Numancia nesta bonita Gala na que tamén recibiron unha homenaxe varios deportistas con pasado no club, como Paula Mayobr (Atletismo), Juancho Romero (Motos), Jaime Sánchez (Fútbol, música, baile...un rapaz moi polifacético), Diego Varela (Kartcross), así como tamén o actual xogador do noso equipo Prebenxamín, Unai Moya Martín (Kárate).

XUNTOS SOMOS MELLORES

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.