MEIRÁS CF 2 - ADR NUMANCIA DE ARES 1

ADR Numancia de AresPRIMEIRA BATALLA PERDIDA

Partido correspondiente a 6ª xornada do grupo principal da Segunda Galicia de Ferrolterra, disputado o pasado domingo nunha tarde soleada, no campo do Misael Prieto en Meirás ante unha gran cantidade de espectadores de ambos equipos, con presencia tamén de adestradores doutros equipos da categoría.

Meirás, 23 de Decembro do 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores para este partido:

NUMANCIA: Tito, Amenedo, Antón, Vicente, Marcelo, Elías, Pivo, Espiñeira, Carlos, Ángel e Chapu. Tamén xogaron: Julio e Fran Ripas.

Temporada 2018-2019 SEGUNDA GALICIA - GRUPO 3º A.- FERROL Jornada 6 - 23/12/2018 - Misael Prieto Meirás C.F., 2 - ADR Numancia de Ares, 1Na víspera de Noiteboa, o calendario agasallabanos cun bonito partido entre Meirás e Numancia, dous dos canditatos a todo nesta temporada. Con boa climatoloxía, os dous equipos saltaron o terreo de xogo de herba natural, algo brando, pero non o suficiente para servir de excusa, para disputar un partido no que estaban postos moitos ollos por parte do numeroso público presente.

A primeira parte foi do Numancia, quen tivo a posesión de balón, cun xogo combinativo e fluído que lle permitiu chegar en varias ocasións con claridade a portería dun Meirás que se defendía con orde e basaba o seu ataque no fútbol directo. Os nosos, conseguían o 0-1 no minuto 30 por mediación de Chapu, que aproveitaba un rexeite do porteiro local despois dun lanzamieno de Ángel. Vitoria pola mínima para o Numancia ao descanso, pero sensación na parroquia numantina de que a vantaxe podería ser maior.

Na reanudación, o Numancia saiu durmido e desconcentrado. No minuto 47 o colexiado de Primeira Galicia, Marcos Padín asubiaba un penalti por man na área numancina. O xogador local Adrián anotaba a pena máxima establecendo o 1-1. Un minuto despois, no 48, Rafa facía o 2-1 para os verdinegros nun balón á espalda da defensa numantina. Pouco despois, aproveitando o letargo numantino, os locais gozaban dunha clara ocasión na que o pau salvou ao Numancia dun novo gol. Por sorte, os nosos saíron vivos dos seus peores mintuos da temporada e volveu a meterse no partido. Co paso dos minutos, o Numancia volveu a facerse co dominio do balón.  Espiñeira, Chapu, Ángel, Carlos.... gozaron de boas ocasións que non tiveron premio. Os nosos pecharon aos locais na sua área no último tramo de partido, pero non houbo acerto de cara a portería rival, polo que os tres puntos quedaron no Misael Prieto.

En definitiva, bo partido do noso equipo nun dos campos mais compricados da categoría, o Misael Prieto. Unha mágoa esa desconexión dos dez primeiros minutos da segunda metade e tamén a falta de acerto cara a gol neste partido. Iso ante un gran equipo como é o Meirás CF pode pagarse caro, como sucedeu neste partido. Destacar a boa actuación do porteiro dos xuvenís, Tito, que tivo que defender a portería do primeiro equipo neste envite debido a ausencia de Kike e as molestias físicas de Carlos Arnoso, que a pesar diso viaxou co equipo e vestiuse de corto por si houbera que forzar.

Agora o noso primeiro equipo disfruta dun merecido descanso polo Nadal, situado na quinta plaza da clasificación. O próximo xoves día 3 de Xaneiro retomarán os adestramentos, para empezar a preparar a séptima xornada de Liga, na que o UDC Narahío visitará Prados Vellos o vindeiro domingo 13 de Xaneiro ás 16:15. ¡¡¡Contamos con todos ese día¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.