PREVIA FIN DE SEMANA 23 DE DECEMBRO

ADR Numancia de AresÚLTIMA XORNADA D0 2018

Rematamos o ano futbolístico con bastantes partidos esta fin de semana, no que soamente o equipo infantil ten xornada de descanso. Os nosos equipos, afrontarán os seguintes compromisos antes das merecidas vacaccións de Nadal:

MODESTOS: O domingo ás 16:00 no Misael Prieto visitan ao Meirás CF. Despois de vencer ante o ADC Moeche, os nosos afrontan unha das saídas mais compricadas da temporada ante un rival directo que a bo seguro estará durante toda a Liga na loita polas primeras prazas. Partido compricado para os nosos, no que a bo seguro contarán cunha boa representación da Marea Vermella para axudarlles a traerse algo positivo desta visita.

XUVENÍS: O sábado ás 16:15 reciben ao CD Narón "B". Levan os xuvenís dúas vitorias consecutivas neste segundo grupo da categoría. Este sábado, buscarán outros tres puntos en Prados Vellos para chegar ao parón do Nadal nos primeiros postos da clasificación.

CADETES: O venres ás 17:30 reciben en Prados Vellos ao CD Narón. Os rapaces, tiveron xornada de descanso a pasada semana. Este venres, buscarán unha vitoria para facerse mais regulares e de paso achegarse a zona alta deste grupo segundo da categoría.

FÚTBOL- 8: Abren a xornada os benxamíns, que na tarde do venres xogan en Miño ás 19:10 ante o equipo local. Para a mañá do sábado, en Prados Vellos estaremos pendientes da lotería e tamen dos dous partidos dos nosos equipos. Os alevíns reciben ás 11:00 ao Cedeira SD. Para ás 12:00, queda o partido dos prebenxamíns que reciben a visita do CD As Pontes.

¡¡¡Vémonos nos campos...¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.