Inicio Noticias Xerais ADR NUMANCIA DE ARES 6 - ADC MOECHE 1
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 6 - ADC MOECHE 1

ADR Numancia de AresGOLES SOLIDARIOS EN PRADOS VELLOS

Partido correspondiente a quinta xornada da Segunda Fase da Segunda Galicia, disputado no campo de Prados Vellos en tarde fría e chuviosa. Antes do comezo do partido, gardouse un minuto de silencio polo falecemento a pasada semana de D. Juan Manuel Rioboo, fundador e actual Presidente do Racing San Pedro. Vaian dende aquí, as nosas condolencias.

No descanso do partido, representantes do noso club entregaron aos membros de Cáritas de Ares os alimentos recollidos na nosa Gran Recollida de Alimentos.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron neste partido dos seguintes xogadores:

NUMANCIA: Kike, Amenedo, Óscar, Vicente, Juan, Elías, Iván Pivo, Espiñeira, Ángel, Carlos e Chapu. Tamén xogaron: Fran Ripas, Pablo Ferro, Pablo Vascós e Martín.

Temporada 2018-2019 SEGUNDA GALICIA GRUPO 3º A.- FERROL Jornada 5 - Prados Vellos - 16/12/2018 ADR Numancia de Ares, 6 - ADC Moeche, 1Comezaba o partido co Moeche sorprendendo aos aresáns. Boa saída do equipo visitante, que deixou boa imaxe na primeira media hora de xogo, intentando sempre combinar e chegando con algún perigo a meta de Kike. No minuto 23, o goleador visitante Santi Breijo, aproveita un balón centrando dende a banda esquerda para facer o 0-1. Despois do gol modestino, a choiva, vento e unha espectacular saraibada apareceron por Prados Vellos. Non sabemos se foi por iso, pero o Numancia reaccionou e Dani Espiñeira facía o 1-1 no minuto 27 cun gran gol de falta directa. Pouco despois, no minuto 35 Chapu abría a sua conta goleadora do día facendo o 2-1 cun bo disparo dende fora da área.  Chegabase ao descanso cunha inxusta vitoria do Numancia pola mínima, pero xa sabemos que os goles son amores.

Na segunda metade, os nosos foron facéndose co paso dos minutos co dominio claro do partido. O equipo rival tivo un baixón físico, gracias tamén ao fútbol rápido e combinativo do Numancia. Avisaban Ángel e Iván Pivo con sendos disparos á cruceta. No minuto 68, Chapu facía o gran gol da tarde cunha media chilena dende o punto de penalti que establecia o 3-1. O 4-1 era cousa dous minutos mais tarde de Ángel, que aproveitaba unha asistencia de Chapu para superar ao porteiro visitante. No último tramo de partido, Chapu facía o 5-1 e o 6-1 aproveitando dúas asistencias de Ángel e de Fran Ripas, respectivamente.

En definitiva, partido que comezou mal para o noso equipo, pero que co paso dos minutos foise poñendo de cara para rematar cunha goleada quizais demasiado abultada para o visto sobre o terreo de xogo. Houbo tempo para mover o banquillo, debutando esta temporada co primeiro equipo un dos capitáns do equipo xuvenil, Pablo Vascós. Felicitar aos dous equipos e ao excelente colexiado da Preferente Galicia, Diego Bouza polo esforzo realizado neste partido, especialmente durante 10 minutos da primeira metade na que a climatoloxía foi moi adversa en Prados Vellos. Como non, aproveitar tamén para agradecer a fiel Marea Vermella, que a pesar da climatoloxía adversa, non dubidou en asistir ao último partido do 2018 do primeiro equipo en Prados Vellos, despedindo aos nosos xogadores cunha sonora ovación ao término do encontro, en recoñocemento ao seu bo traballo neste ano 2018.

O vindeiro domingo as 16:00 gran partido entre Meirás CF e Numancia no Misael Prieto. Toca loitar polo tres puntos ante un rival moi compricado antes de coller as mais que merecidas vacaccións de Nadal.

AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.