Inicio Noticias Xerais GALICIA DE MUGARDOS "B" 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 5
 
 

GALICIA DE MUGARDOS "B" 1 - ADR NUMANCIA DE ARES 5

ADR Numancia de AresTRABALLO E GOLES A BALÓN PARADO PARA LEVARSE OUTRO DERBI NA PEDREIRA

Partido disputado na tarde do día da Constitución no campo anexo de A Pedreira que rexistrou unha gran entrada, con mais de 300 aficionados, moitos deles do Numancia.

Mugardos, 6 de Decembro de 2018.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores para este partido:

NUMANCIA: Kike, Antón, Berto, Vicente, Iván Pivo, Juan, Elías, Fran, Espiñeira, Carlos e Chapu. Tamén xogaron: Amenedo, Julio, Ángel e Pablo Ferro.

ADR Numancia de Ares.  SEGUNDA GALICIA (GRUPO 3º A.- FERROL)    Jornada 4, A pedreira. G Mugardos B, 1 - Numancia, 5Tarde soleada e agradable, ambiente de gala e deportividade no campo de herba artificial de A Pedreira para presenciar un novo derbi entre Galicia de Mugardos "B"  e Numancia. Na Primeira Fase os nosos venciáin por 0-3 no campo de herba natural. Nesta ocasión houbo que poñerse o mono de traballo e adaptarse as pequenas dimensións do campo anexo para levarse a vitoria.

Comezuo mellor o equipo local, cunha presión alta e con fútbol directo que levou algo de perigo nos primeiros minutos a portería de Kike. Por sorte para os nosos, no minuto 13 unha falta ben colgada por Juan e aproveitada por Chapu para loitar co porteiro na sua saída, nesa disputa o balón cae solto para un oportunista Iván Pivo que fai o 0-1 para o Numancia. Os locais acusaron ó golpe, tendo o Numancia mais control no seguinte tramo do partido, con algunha que outra ocasión. Antes do descanso, os locais recuperábanse e comezaban a chegar a portería de Kike. No minuto 43, un balón á espalda da nosa defensa superaba a Vicente e caía nos dominios do local Gabriel que consegúia o 1-1 superando a Kike. Co empate chegábase ao descanso.

A segunda metade comezou con igualdade e loita. No minuto 54 aparecía Chapugol para facer o 1-2 tras aproveitar un balón solto na área tras un lanzamento de falta. Os locais querían apretar e os numantinos buscaban pechar o partido. Julio anotaba un golazo anulado polo veterano colexiado, Miguel Formoso, por fora de xogo. No minuto 73, o propio Julio lanzaba de forma maxistral unha falta para asistir a Vicente que facía o 1-3. Este gol marcou un antes e un despois nun partido que pareceu quedar sentenciado. Nos últimos minutos, Chapu con axuda dun xogador rival e Carlos Vázquez tras asistencia de Chapu facían respectivamente o 1-4 e 1-5 definivo para permitir ao Numancia levarse o derbi da Pedreira cunha goleada.

En definitiva, tres puntos importantes para o noso equipo, nun derbi exempla, con bo tempo, gran ambiente, deportividade e por sorte tamén con vitoria para os nosos. Teremos que agardar ao 10 de Marzo do 2019 para desfrutar doutro derbi, desta vez en Prados Vellos.

O noso equipo, conta con 7 puntos despois de dúas vitorias e un empate en catro xornadas de competición (xa descansou).  Na seguinte xornada, recibiremos en Prados Vellos ao ADC Moeche, será o próximo domingo día 15 as 16:15, no que será o último partido do primeiro equipo en Prados Vellos neste 2018. De seguro, buscarán adicarlle unha vitoria a unha Marea Vermella que medra co paso das xornadas. ¡¡¡Moitas gracias a tod@s¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.