Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA 2 DE DECEMBRO
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA 2 DE DECEMBRO

ADR Numancia de Ares.POUCOS, PERO GRANDES PARTIDOS

Chegamos xa ao mes de Nadal. Este fin de semana, os infantís e os equipos de fútbol - 8 non teñen xornada, xa que descansan entre a Primeira e a Segunda fase de competición. Modestos, xuvenís e cadetes teñen partidos moi interesantes.

MODESTOS: O domingo ás 16:30 en Prados Vellos os de Miguel Carballeira e Jose Antón reciben ao SD Valdoviño. Despois da vitoria na primeira xornada en San Sadurniño e de descansar na segunda, os nosos volven á competición ante un dos favoritos ao título. Bonito duelo entre dous equipos que fai pouco xogaban en Prados Vellos na Primeira Fase nun encontro no que os tres puntos quedaran en Ares. Agardamos que este domingo repítase a historia e a Marea Vermella axude aos nosos neste compricado partido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

XUVENÍS: O venres ás 17:30 en A Pedreira os de Chemari e Cartelle teñen derbi ante o Galicia de Mugardos. Despois de comezar a Liga do segundo grupo cunha contundente victoria ante o CD AS Pontes "B", os nosos buscarán dar unha boa imaxe nun derbi no que fai pouco caían na Primeira Fase e así instalarse nos primeiros postos desde o inicio da competición.

CADETES: O sábado ás 16:30 en Prados Vellos os de Juan Alberto e Kiko reciben ao SD O Val "B". Cuarta xornada do segundo grupo da Liga para os nosos, que non consiguen atopar unha regularidade na mesma. Este sábado teñen unha boa ocasión para seguir sumando, ante un rival ao que xa derrotaron na Primeira Fase da competición.

Os infantís e os alevíns, disputarán a Segunda Fase no grupo 1, compartiendo competición cos equipos mais fortes da bisbarra. Pola súa parte, os prebenxamíns e os benxamíns participarán no grupo 2 da súa categoría. Estas competicións comezarán a partir da próxima semana.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.