CHEMARI ANALIZA A PRIMEIRA FASE DOS XUVENÍS

ADR Numancia de Ares.CHEMARI: NECESITAMOS MELLORAR MOITO PARA COMPETIR NA SEGUNDA FASE

En días anteriores falábamos dos cadetes e dos modestos, que finalizaban a Primeira Fase cos seus adestradores satisfeitos polo traballo realizado ata o momento. Por desgracia, non podemos dicir o mesmo no equipo xuvenil. As cousas non empezaron xa moi ben dende a pretemporada, cando algúns xogadores decidiron cambiar de aires ou ben deixar o fútbol no último momento. Xustos de efectivos comezaron a temporada, incorporando no mes de Outubro a dous xogadores do Cultural Maniños, clube ao que agradecemos as facilidades dadas para facelo. O plantel do Numancia xuvenil está a dia de hoxe asi:

PORTEIROS: Emilio e Tito

DEFENSAS: Jaime, Alberto, Raúl, Pablo Vascós,  Jose e Chapy.

CENTROCAMPISTAS: Dani, Pablo García, Fran Anido,  Mario García e Martín.

ATACANTES: Ivan, Alex Feal e Sergio.

O equipo competiu no grupo B, quedando en 7º lugar, non conseguindo o pase para o grupo de equipos que loitará por xogar a fase de ascenso. O Numancia obtivo 7 puntos, con 2 victorias e 1 empate. Conseguiu 27 goles a favor, encaixando 23 goles en contra.

VALORACIÓN DA PRIMEIRA FASE POR CHEMARI:

ADR Numancia de Ares. José María Varela "Chemari", entrenador del equipo de juveniles en la temporada 2018-2019Teño que facer unha valoración negativa do que levamos de competicion. A asistencia dos rapaces aos adestramentos non é mala, pero debemos mellorar na intensidade e no compromiso do traballo semanal. No que se refire a competición, un mal inicio da mesma, na que estivemos mermados de efectivos condicionounos e presionounos moito para os seguintes partidos. No último tramo de competición estivemos algo mellor nos partidos, pero faltounos intensidade, sacrifico e concentración. É unha pena, porque o nivel da Liga Xuvenil non parece ser moi alto, e no plantel conto con varios xogadores de calidade. Pero para sacar os tres puntos debemos de ser un equipo, correr e traballar todos e iso non foi así na maioría dos partidos da Primeira Fase. Os adestradores, temos moita culpa diso, e falando cos rapaces intentaremos conciencialos e mellorar de cara a Segunda Fase de Competición.

Na Segunda Fase, o Numancia xogará o grupo B dunha Liga na que participarán nove equipos, en competición a dobre volta. Posteriormente, estos nove equipos disputarán tamén o Torneo Concello de Narón, que neste caso será en dous grupos e soamente a unha volta. Agardamos pois, que os xogadores fagan examen de conciencia e consigan lavar a mala imaxe da Primeira Fase loitando por estar no mais alto na competición de Liga e no Torneo Concello de Narón. A primeira cita será este sábado ante o esixente CD As Pontes "B as 16:30 en Prados Vellos.

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.