Inicio Noticias Xerais MIGUEL CARBALLEIRA ANALIZA A PRIMEIRA FASE DOS MODESTOS
 
 

MIGUEL CARBALLEIRA ANALIZA A PRIMEIRA FASE DOS MODESTOS

ADR Numancia de AresMIGUEL CARBALLEIRA: TEÑO UN GRAN GRUPO DE EXCELENTES MUCHACHOS QUE TEÑEN QUE QUERER E CREER.

Finalizada a Primeira Fase da competición para o primeiro equipo, e cando levamos unha xornada da Segunda Fase, pareceunos un bo momento para falar co seu adestrador, Miguel Carballeira para coñecer a sua valoración sobre o equipo e tamén sobre a propia competición. Aténdenos un técnico contento e satisfeito co traballo do equipo durante esta Primeira Fase, pero ilusionado e consciente do moito que queda por traballar e mellorar para poder estar cos mellores no último tramo da temporada.

O primeiro equipo do Numancia, ten a día de hoxe 23 xogadores, que son os seguintes:

PORTEIROS: Kike e Carlos Arnoso.

DEFENSAS: Marcelo, Amenedo, Emi Maga, Antón, Berto, Óscar, Vicente, Juan e Pablo Ferro

CENTROCAMPISTAS: Elías, Julio, Iván Pivo, Fran Ripas, Joaquín e Martín.

ATACANTES: Dani Espiñeira, Ángel, Alex Pita, Carlos Vázquez, Chapu e Rubén.

Na Primeira Fase da competición, o noso equipo acadou o 2º posto, con 25 puntos (8 vitorias, 1 empate e 1 derrota), acadando 36 goles a favor e recibindo 12 goles en contra.


VALORACIÓN DA PRIMEIRA FASE POR MIGUEL CARBALLEIRA

ADR Numancia de Ares. Migule Carballeira entrenador del equipo de Aficionados. Valoración de la primera fase de la competición, Temporada 2018-2019Quizáis sexa difícil entender unha valoración sobre a marcha do equipo de modestos durante a Primeira Fase da Liga, xa que é fácil caer en contradiccións, en tópicos, en análisis propios da división na que competimos e en eu que sei que mais cousas... seguramente que todas lícitas e válidas. Que me perdoe Jose Antón, si rebaso os límites da autocrítica, aínda que si me equivoco seguro que él saberá correxirme como o fai sempre (esbozo un sorriso).

O equipo un ano mais alcanzou o obxetivo de clasificarse, incluso holgadamente para o grupo que loitará pola Liga; sabendo novamente que a Primeira Fase, debido ao seu sistema de competición, e unha "trampa", xa que non deixa marxe de erro. Unha soa derrota (casi si se me permite, un accidente) en medio de moitas vitorias e un empate, pero nun grupo que aínda que creemos que foi mais forte que o outro, careceu de gran nivel competitivo. Números incontestables, aínda que non tanto as sensacións futbolísticas, que a falta de melloralas, son as que nun camiño longo como será o de este ano, garantizan se a lóxixa se cumprise, o estar no mais alto. Os partidos mais compricados, iso si, os sacamos con boa nota. Empate en Meirás (ante un dos favoritos a acadar ó título, aínda que tiñan dúas ou tres baixas importantes). Victoria ante o Valdoviño en Prados Vellos (quizais un dos mellores equipos), aínda que sufrindo e sendo superados por eles na primeira metade. Acabamos na zona alta da táboa, iso si, pero coa necesidade de que tanto Jose coma eu demos na tecla. Logremos afianzar un "11", un "16", un "23", un sistema e unha idea de xogo que nos faga mais fortes e quizais soamente iso dependa de nós. Eles, os xogadores, xóvenes pero xa con experiencia e partidos na Segunda Galicia, bos, válidos, excelentes muchachos que teñen que QUERER e CREER. Fútbolistas que manteñen unha increíble relación entre eles, e co seu permiso, tamén con nós. Fútbolistas tranquilos, nobles, a veces cómodos pero capaces de saltar e dar o mellor cando se sinten ferido, cando as cousas van mal ou cando os equipos rivais non plantexamn problemas e parecen estar por enriba de nós.

Fago, en lineas xerais unha valoración positiva tendo en conta, que aínda que a veces non o vemos: ¿cales son as sumas dos demais equipos na clasificación? (polo menos ata o de agora), ¿qué equipo demostra xogar mellor cos demais?, ¿quen é capaz este año de impoñerse aos demais)?. Níngún. Quizáis a clave se atope na CONSTANCIA. Hai moita ilusión ao noso arredor, no noso entonro mais cercano. A Xunta Directiva está a "traballar arreo", volcándose no día a día do clube e non pasa un adestramento no que sempre observes cambios positivos ao teu arredor pola súa parte. O NUMANCIA, si, ten un bo equipo e hai moita xente que agarda "divertirse"; pero o camiño e longo, moi longo e pouco a pouco, pouco a pouco.... ¡¡¡SORTE A TODOS¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.