Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA 21 DE OUTUBRO
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA 21 DE OUTUBRO

ADR Numancia de AresFIN DE SEMANA DE EXCURSIÓNS

Toca facer kilómetros. Modestos, xuvenís e prebenxamíns xogarán fora de Ferrolterra esta fin de semana, na que temos dous partidos en Prados Vellos:

MODESTOS:

Os de Miguel Carballeira e Jose Antón buscarán o domingo ás 17:00 no Municipal de Moeche asegurar matemáticamente o pase ao primeiro grupo da competición. Diante estará un ADC Moeche moi renovado esta temporada, e que se atopa na terceira posición do grupo. Bonito partido, nun dos mellores terreos de xogo da provincia. Viaxa ata Moeche este domingo e súmate a Marea Vermella.

XUVENÍS:

O sábado ás 17:00 no campo de O Beco de Cedeira os de Chemari e Cartelle teñen un encontro importante para as súas aspiracións. Despois dun inicio de competición dubitativo, o acceso ao grupo principal da categoría compricouse mais da conta. Restan catro xornadas, nas que os rapaces deberán facer unha boa cantidade de puntos. Este sábado buscarán os tres primeiros ante un rival que está un posto por enriba do Numancia na táboa claificatoria.

CADETES:

O venres ás 18:00 en Prados Vellos os de Juan Alberto e Kiko reciben ao SD Val "B". Partido que se presenta igualado entre dous equipos en construcción, que buscan seguir competindo e colleitando puntos nesta Primeira Fase. Os nosos, buscarán a segunda vitoria consecutiva na casa.

INFANTÍS:

O sábado ás 17:30 os de Ángel Mahía el Alberto Iglesias reciben ao Narón O Freixo "B". Os infantís buscarán unha vitoria para seguir na zona alta da clasificación, ante un rival que tamén comezou ben a temporada e que conta con moitos xogadores de último ano. Esixente proba para os nosos, nun encontro que se presume moi bonito para ó espectador.

FÚTBOL - 8:

O venres ás 17:30 os alevíns de Genete e Eloy visitan o campo de O Cadaval para xogar ante o CD Narón. Hora e media mais tarde, ás 19:00 os benxamíns de Dani Espiñeira e Juan Escudero xogan no campo de O Pote ante o Cultural Maniños. Por último, xa o sábado, os prebenxamíns de Dani Cartelle e Jose Macuto viaxan ata as instalacións de O Poboado onde xogarán a partir das 12:35 ante o CD As Pontes "B".

Vémonos nos campos....

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.