Inicio Noticias Xerais PREVIA FIN DE SEMANA 14 DE OUTUBRO
 
 

PREVIA FIN DE SEMANA 14 DE OUTUBRO

ADR Numancia de AresFÚTBOL DE MÉRCORES A DOMINGO

Semana de fútbol a que temos por diante. Aproveitando o venres festivo, algúns equipos xogarán ese día, mentras que outros xogarán por semana para ter toda a fin de semana libre. Os modestos, pecharán a semana de fútbol o domingo.

 

MÉRCORES: Bonito partido o que temos para abrir boca. O mércores ás 18:30 en Prados Vellos os ALEVÍNS reciben a SD O Val. Interesante encontro entre duas xeneracións de nenos que levan moitos anos xogando xuntos e enfrontándose en partidos que sempre foron moi atractivos para o espectador.

 

XOVES: As 18:00 en Prados Vellos os PREBENXAMÍNS xogarán ante os amigos do Rápido de Neda. Os mais pequenos do fútbol - 8 buscarán seguir coa boa línea das primeiras xornadas.

 

VENRES: Tres partidos son os que temos para o Día do Pilar. As 11:30 os INFANTÍS visitarán os campos de O Poboado onde agarda o sempre compricado, CD As Pontes. Esixente saída para o equipo infantil, sen dúbida unha boa proba para seguir medrando.

 

Pola tarde, os BENXAMÍNS abren xornada, recibindo ÁS 17:00 ao G. Caranza "D". Posteriormente, ás 18:15 os XUVENÍS reciben ao CCRD Perlío. Os rapaces, necesitan á vitoria para non compricar en exceso a sua clasificación para o grupo principal da categoría.

 

SÁBADO: Tedes que perdoar, pero o sábado gozaremos dunha merecida xornada de DESCANSO.

 

DOMINGO: O plato forte da semana queda para o domingo ás 17:30. Os MODESTOS reciben ao SD Valdoviño, actual líder do grupo "A" nesta Primeira Fase. Os nosos son segundos, e ambos equipos teñen moi encarrilada a clasificación para o grupo principal da categoría. Será polo tanto un encontro sen grandes urxencias clasificatorias, onde os dous equipos poderán amosar o seu fútbol e loitar por unha vitoria que lles permitiría dar un paso de xigante e coller moita moral de cara ó futuro. Por si fora pouco, a atleta aresá Paula Mayobre fará o saque de honra neste partido (ampliaremos información). ¡¡¡Tod@s a Prados Vellos este domingo)

 

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

 

AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.