RESUMO DA XORNADA NO FÚTBOL BASE

ADR Numancia de AresDE TODO COMO EN BOTICA

Nova xornada para o fútbol base con vitoria dos cadetes, infantís, alevíns e prebenxamíns e derrotas dos xuvenís e benxamíns. Analizamos o que deu de si a pasada fin de semana:

 

XUVENÍS 4 - CD CARIÑO 5

Recibían os nosos xuvenís ao CD Cariño e buscaban unha segunda vitoria consecutiva que podía achegalos a zona alta da tabla, despois dos resultados da mañá do sábado. Nada mais lonxe da realidade. Na primeira metade, os de Ortegal amosaron o por qué do seu liderato. Cunha gran organización defensiva e un xogo práctico e con velocidade, aproveitaron os habituais agasallos numantinos para poñerse cun 0-4 no marcador. A can fraco todo son pulgas e Iván e Chapy retirábanse mancados antes do descanso, nesta nefasta primeira metade dos nosos.

Na segunda parte, saiu o Numancia con orgullo e conseguiu anotar o 1-4. Tiveron opcións os nosos para achegarse no marcador, pero cando mellor estaban chegaba o 1-5 dos visitantes. No último tramo de partido, os numantinos conseguían tres goles que supoñían o 4-5 definitivo. Unha mágoa que a reacción chegara tan tarde e que non fixera perigar a xusta vitoria visitante.

 

CADETES 5 - CD NARON "A" 0

Enfrontábanse en Prados Vellos dous equipos que aínda non puntuaran nesta Liga. Os nosos saíron decididos a pola vitoria, e nos primeiros 15 minutos xa vencían por 2-0, resultado que reflexaba o marcador ao descanso. Na segunda metade mais do mesmo, os nosos estiveron mellor que o rival e conseguían tres novos goles para deixar o marcador no 5-0 final e conseguir desta maneira os primeiros puntos da temporada.

 

 

INFANTÍS 14 - RACING SAN PEDRO 1

Pouca historia tivo un partido no que o noso equipo foi moi superior a un equipo de primeiro ano. O resultado ao descanso era de 8-0. Na segunda metade, os nosos buscaron outras cousas, destacando tamén a participación dos alevíns, Leo, Lucas e Ángel co equipo. Os goles seguiron chegando, destacando o gol da honra dos visitantes como premio a sua loita durante todo o partido.

 

 

MEIRÁS CF 2 - ALEVÍNS 5

Partido compricado para os nosos alevíns, pois tiveron que xogalo no campo mais pequeno das instalacións de A Malata, o que condicionou moito o xogo dos dous equipos. Chegábase con igualada, 1-1 ao descanso. Un bo inicio da segunda metade dos numantinos valíalles para escaparse no marcador, 1-4. Os verdinegros recurtaban diferencias, pero no último minuto un novo gol dos aresáns deixaba o marcador no 2-5 definitivo.

 

CD NARÓN "B" 3 - BENXAMÍNS 2

Bonito partido entre naroneses e numantinos no campo de O Cadaval. Comezaban perdendo 2-0 os nosos nos primeiros minutos, pero conseguían facer o 2-1 co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade conseguía o Numancia ó empate, sendo o partido moi emocionante e disputado ata o final. No último minuto, os naroneses conseguían o 3-2 definitivo.

 

EUME DEPORTIVO "B 0 - PREBENXAMÍNS 7

Vitoria dos pequenos en Pontedeume, nun partido no que se notou a diferencia física entre os dous equipos. Chegábase ao descanso co 0-4 favorable ao noso equipo, que tivo a orde de mover moito balón ata chegar ata a portería rival. Tres novos goles na segunda metade establecían o 0-7 definitivo ante un equipo eumés que loitou con orgullo durante todo o partido.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.