Inicio Noticias Xerais RESUMO DA XORNADA NO FÚTBOL BASE
 
 

RESUMO DA XORNADA NO FÚTBOL BASE

ADR Numancia de AresCLARA VITORIA DOS XUVENÍS, NUNHA FIN DE SEMANA NA QUE COMEZARON VARIAS COMPETICIÓNS DE LIGA

Primeira fin de semana na que todos os equipos da base do Numancia tiveron competición de Liga, xa que infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns comezaron a competicion. Analizamos o sucedido:

XUVENÍS:

Logo de perder na primeira xornada en Neda e de descansar na segunda, os de Chemari e Cartelle necesitaban unha vitoria para non comezar a descolgarse dos primeiros posto. Tiveron que madrugar o domingo para xogar ante o Narón Freixo as 10:30 no campo de San Mateo. No descanso vencían por 0-2, e na segunda metade fixeron valer a sua clara superioridade para finalizar levándose os tres puntos, gracias a unha contuntende vitoria por 0-10. Os goleadores foron  Iván Dragoevich (4), Alex Feal (3), Pablo Vascós, Martín e Chapy.

CADETES:

Na terceira xornada de Liga os de Juan Alberto e Kiko recibiron o venres en Ares ao SRD Portuarios. Bo partido dos nosos ante un dos equipos fortes da categoría, que tivo que esforzarse moito para conseguir vencer en Prados Vellos. No descanso o resultado era de 0-1. Na segunda metade o gol de Diego non serviu para evitar a derrota final por 1-3 ante o bo equipo ferrolá.

INFANTÍS:

Comezou a Liga para os nenos de Ángel Mahía e Alberto e o fixo cun auténtico partidazo ante un dos equipos chamados a loitar por todo nesta temporada. Os nosos visitaron no mediodía do sábado o campo de herba artificial de O Sinde, nun partido marcado pola calor. Con emoción, bo xogo e alternativas no marcador chegáabase ao descanso co resultado de 2-2. Na segunda metade, o partido estaba 4-4 a falta de 10 minutos, pero un arreón final dos locais privou os nosos de conseguir os primeiros puntos da temporada. Bo partido de ambos equipos para iniciar a Liga. Os goleadores do Numancia foron Marcos Rey, Iván Saavedra, Habte e Aaron.

ALEVÍNS:

Na primeira xornada de Liga, venceron con demasiada facilidade (17-2) ao Cedeira SD "B", formado integramente por xogadores de primeiro ano. Bo partido dos nosos, aínda que terán que seguir traballando e mellorando cousas para futuros compromisos mais esixentes.

ADR Numancia de Ares. Benjamines 2018-2019BENXAMÍNS:

Na mañá do sábado, recibían a un bo equipo como é o Rápido de Neda para iniciar a competición. Na primeira metade os nosos realizaron un bo traballo, e aos visitantes costoulles batir a portería local. Na parte os nedenses foron superiores, e os nosos non poideron evitar a derrota por 0-7. Toca seguir traballando e medrando.

PREBENXAMÍNS:

Os prebenxamíns tamén comezaron a Liga e o fixeron cun derbi en Prados Vellos ante o Galicia de Mugardos. Nun partido moi igualado e seguido por moito público, os nosos conseguiron levarse finalmente a vitoria por 2-1 neste inicio ligueiro.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.