Inicio Noticias Xerais OS CADETES COMEZARON Á LIGA. INFANTÍS E FÚTBOL - 8, TERMINARON A PRETEMPORADA
 
 

OS CADETES COMEZARON Á LIGA. INFANTÍS E FÚTBOL - 8, TERMINARON A PRETEMPORADA

ADR Numancia de AresOS CADETES CAERON POLA MÍNIMA EN MEIRÁS. OS INFANTÍS E OS EQUIPOS DE FÚTBOL - 8 VENCERON NOS ÚLTIMOS PARTIDOS AMIGABLES

Nova fin de semana de fútbol para os nosos equipos de fútbol base, agás para os xuvenís que descansaron por calendario na segunda xornada de Liga.

CADETES:

O venres desprazáronse a Meirás para comezar a Liga no Misael Prieto ante o conxunto local. O Meirás comezou forte o partido, tendo o dominio de balón, aínda que sen ocasións claras. No resto do encontro, sucedérónse os ataques e algunhas ocasións para ambos equipos, nun partido bastante igualado que desequilibraban os verdinegros que lles daba a vitoria por 1-0.

INFANTÍS:  O sábado pola mañá en Prados Vellos recibiron a visita do CCRD Perlío no que foi o último partido amistoso da pretemporada. Bo encontro dos nosos rapaces, que continúan coa boa línea de xogo. O resultado final foi de 4-0 favorable a un Numancia infantil que afrontará a competición de Liga con moita ilusión e ambición; co obxetivo principal de seguir medrando e formándose.

INFANTÍS:

O sábado pola mañá en Prados Vellos recibiron a visita do CCRD Perlío no que foi o último partido amistoso da pretemporada. Bo encontro dos nosos rapaces, que continúan coa boa línea de xogo. O resultado final foi de 4-0 favorable a un Numancia infantil que afrontará a competición de Liga con moita ilusión e ambición; co obxetivo principal de seguir medrando e formándose.

FÚTBOL - 8

Na tarde do venres, tivemos tres partidos de fútbol - 8. Abrían a tarde os prebenxamíns que vencían comódamente a un Rápido de Neda formado por moitos xogadores en idade biberón. Posteriormente os benxamíns derrotaban con claridade ao CCRD Perlío "B". Por último, os alevíns desfacíanse tamén con claridade dun correoso Rápido de Neda.

 

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.