Inicio Noticias Xerais ADR NUMANCIA DE ARES 7 - CD ROSALÍA DE VILABOA 1
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 7 - CD ROSALÍA DE VILABOA 1

ADR Numancia de Ares.GOLEADA E LIDERATO PARA INICIAR O CURSO EN PRADOS VELLOS

Nunha tarde veraniega en Prados Vellos, con moita presencia de aficionados dos dous equipos, Numancia e Rosalía disputaron un encontro correspondiente a segunda xornada da Segunda Galicia no seu grupo "A". O Numancia vencera en Cabañas na primeira xornada, o Rosalía, caera na casa ante o G. Mugardos "B".

Domingo, 9 de Setembro de 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido

NUMANCIA: Kike, Amenedo, Antón, Vicente, Marcelo, Berto, Fran Ripas, Iván Pivo, Dani Espiñeira, Carlos Vázquez e Rubén.  Tamén xogaron: Julio, Elías, Óscar e Pablo Ferro.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2018-2019. Prados Vellos. Primera Fase Liga. Numancia, 7 - Rosalía, 1Comezaba mal o partido para os nosos, xa que aos tres minutos, Juan facía o 0-1 para o Rosalía aproveitando un balón á espalda da defensa numantina. Os nosos entraron fríos no partido, aínda que pouco a pouco conseguían chegar a portería visitante. No minuto 25, o mellor xogador do Numancia neste partido, Carlos Vázquez, facía unha xogada individual que finalizaba cun zurdazo dende a esquina da área que entraba pola escuadra da portería visitante. Gran gol que establecía o 1-1. No 31, robo de balón por parte dos nosos e envío rápido ás costas da defensa de Vilaboa. De novo Carlos, con rapidez e boa definición diante do porteiro facía o 2-1 co que se chegou ao descanso. Rubén Allegue en varias ocasións e Dani Espiñeira poideron ampliar a vantaxe, aínda que tamén os visitantes tiveron as suas opcións con saídas rápidas, pero o 2-1 non se moveu.

Na segunda metade, de novo os nosos saíron fríos do vestuario e o Rosalía avisaba cunha clara ocasión. Co paso dos minutos, os numantinos meteron unha marcha mais ao partido e os visitantes baixaron físicamente. No minuto 60, chegaba o 3-1, cun gol en propia meta. No 73, chegaba por fin o merecido gol de Rubén para facer o 4-1. No 77 chegaba un novo gol de Carlos Vázquez, que facía un hattrick. Julio Escudero, nas postrimerías do encontro facía dous novos goles para deixar o resultado no 7-1 definitivo.

En resumo, partido cómodo para un Numancia que está a aproveitar este inicio de Liga para dar minutos a todos os xogadores. Homes importantes na temporada pasada como  Chapu, Alex Pita ou Carlos Arnoso aínda non debutaron por diversos motivos. Tamen, durante esta semana tramitarase a licencia federativa de Juan Escudero, polo que o plantel pasará a ser de 21 xogadores.  Un bo número de membros para polo momento intentar conseguir o primeiro obxetivo da temporada, clasificarse para o grupo principal da categoría. A cousa parece que vai ben encaminada, pero ollo que veñen curvas. A próxima semana, visitaremos ao Meirás CF, un dos claros favoritos a loitar por todo nesta temporada. Será, sen non hai trocos, o domingo ás 17:30 no Misael Prieto. Queda convocada a Marea Vermella para apoiar ese día ó equipo en tan esixente partido. XUNTOS SOMOS MELLORES.

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.