PREVIA DO INICIO DA SEGUNDA GALICIA

ADR Numancia de AresESTE DOMINGO, COMEZA UNHA TEMPORADA ILUSIONANTE PARA O NOSO PRIMEIRO EQUIPO

O campo de A Veiga en Cabañas, será a primeira parada do noso equipo de modestos nunha nova viaxe pola Segunda Galicia de Ferrolterra. O noso equipo quedou encadrado no grupo "A" da categoría, un grupo que conforman os seguintes 11 equipos:

Numancia de Ares, Meirás CF, ADC A Capela, SD Valdoviño, ADC Moeche, CD Cariño, CD Rosalía de Vilaboa, Mandiá CF, San Mateo CF, Xuventude de Cabañas e Galicia de Mugardos "B".

Nesta primeira fase, que comeza o 2 de Setembro e que finaliza o 11 de Novembro, xogándose polo sistema de Liga a unha volta, o Numancia xogará os seguintes encontros:

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2018-2019.

X. Cabañas - Numancia

Numancia - CD Rosalía

Meirás CF - Numancia

Numancia - Mandiá CF

G. Mugardos "B" - Numancia

Numancia - SD Valdoviño

AD Moeche - Numancia

Numancia - CD Cariño

San Mateo CF - Numancia

Numancia - ADC A Capela

 

Os mellores 6 clasificados do grupo "A" xogarán na segunda Fase no primeiro grupo da Liga, no grupo que optará as prazas de ascenso.  Os 5 últimos clasificados xogarán a Liga de consolación.

Para afrontar a temporada, o equipo de Miguel Carballeira e Jose Antón dispón a día de hoxe de 20 licencias tramitadas, nun plantel de xogadores que todavía non está pechado. Os xogadores do Numancia de modestos a día de hoxe, son os seguintes:

PORTEIROS: Carlos Arnoso e Kike Dragoevich

DEFENSAS: Berto Permuy, Antón González, David Amenedo, Óscar Martínez, Vicente Allegue, Marcelo Couce e Pablo Ferro

CENTROCAMPISTAS: Martín Pérez, Elías García, Julio Escudero, Fran Fernández, Iván Fernández, Joaquín Fernández e Carlos Vázquez.

ATACANTES: Dani Espiñeira, Alex Pita, Chapu e Rubén Allegue.

Conseguido o primeiro obxetivo, que é o de formar un equipo con xogadores de Ares ou ben formado na canteira do Numancia, este plantel xoven de xogadores, pero que cada ano conta con mais experiencia na Segunda Galicia, buscará dende o primeiro partido conseguir a clasificación para o grupo principal da categoría.

A primeira cita será este domingo as 18:30 no campo dos veciños do X. Cabañas. Agardamos ver a primeira Marea Vermella este domingo no campo de A Veiga, porque sabemos que a afección estará con nosos dende o primeiro día.

Adxuntamos o Plan de Competición elaborado pola Delegación de Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol para a Segunda Galicia de Ferrolterra, na que causaron baixa os equipos do CD Narón (ascenso), Cultural Maniños (ascenso), Galicia de Caranza (non presenta equipo) e UD Somozas "B" (non presenta equipo) e a que se sumaron os equipos veciños do Galicia de Mugardos "B" e do Cultural Maniños "B".

Documento en formato pdf con el Plan Competicional de la Categoría de Aficionados 2018-2019

Vémonos tod@s este domingo en Cabañas.... porque xuntos somos mellores.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.