Inicio Noticias Xerais NUMANCIA E ORILLAMAR, FINALIZARON A SUA PRETEMPORADA EN PRADOS VELLOS
 
 

NUMANCIA E ORILLAMAR, FINALIZARON A SUA PRETEMPORADA EN PRADOS VELLOS

ADR Numancia de Ares.O NOSO PRIMEIRO EQUIPO, DISPUTOU O ÚLTIMO PARTIDO DE PREPARACIÓN ANTE O EQUIPO HERCULINO

O pasado domingo 26 de Agosto, o Numancia daba por finalizada a pretemporada co seu partido ante outro equipo de Primeira Galicia, o SD Orillamar de A Coruña. Antes do comezo do partido, os xogadores numantinos posaron coa bandeira do Club de Remo de Ares, en homenaxe a súa tripulación senior masculina, que esa mesma maña vencía na Bandeira Concello de Ares e finalizaba como subcampión da Liga Galega de Traiñas, o que lle dará dereito polo ascenso a Liga ACT.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2018-2019. Numancia - Orillamar. Bandera Club Remo Ares.


ADR Numancia de Ares. Aficionados 2018-2019. Numancia - Orillamar. Sorteo de Campos. Arbitro y Capitanes.No sorteo de campos, o noso capitán, Julio Escudero entregaba o capitán do Orillamar SD unha bufanda do Numancia en agradecemento pola súa visita a Prados Vellos.

No aspecto deportivo, Miguel Carballeira e Jose Antón contaron cos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Óscar, Vicente, Berto, Marcelo, Elías, Pivo, Julio, Dani Espiñeira, Alex Pita e Rubén. Tamén xogaron: Chapu, Martín, Carlos Vázquez, Pablo Ferro e Fran Ripas.

CRÓNICA:

Na primeira metade, vimos un Numancia moito mellor asentado no campo que no anterior partido contra o Maniños. Iso lle valeu para plantar cara a un equipo que chegara este verán aos Cuartos de Final da Copa Diputación. Os coruñeses amosaron calidade e un bo ritmo do xogo, pero o bo traballo defensivo dos nosos e a inspiración de Carlos Arnoso fixeron que o resultado ao descanso fose de 0-0.

No segundo tempo, non cambiou moito a dinámica do partido. Chegaba o 0-1 do Orillamar. Pouco despois, Julio Escudero desapropreitaba unha clara ocasión para facer o empate. Na seguinte xogada, os herculinos facian o 0-2 co que se chegaba ao término deste partido amigable.

Desde o Numancia de Ares, queremos agradecer ao Orillamar SD a súa visita a Prados Vellos para xogar este partido de pretemporada.

Finaliza desta forma unha esixente pretemporada para o primeiro equipo. Comezaba o traballo o 2 de Agosto, xogando amigables contra o Cultural Maniños "B" a domicilio e recibindo en Prados Vellos a tres rivais de categoría superior, Galicia de Mugardos, Cultural Maniños e SD Orillamar. Bo traballo nunha fase da temporada onde os resultados son anécdoticos, e onde o importante e facer un bo traballo físico, coller ritmo de xogo e afrontar situacións esixentes de xogo para estar o mellor preparado posible para o comezo da competición. Será este domingo 2 de Setembro as 18:30 no campo de A Veiga de Cabañas, cando o noso primeiro equipo comece a Liga da Segunda Galicia ante o conxunto local. ¡¡¡Vémonos alí¡¡¡

Acceso á  galería fotográfica do encontro

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.