Inicio Noticias Xerais PRESENTACIÓNS DOS EQUIPOS DE FÚTBOL - 8
 
 

PRESENTACIÓNS DOS EQUIPOS DE FÚTBOL - 8

ADR Numancia de AresOS ALEVÍNS, BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS DO NUMANCIA COMEZAN ESTA SEMANA OS ADESTRAMENTOS.

Fin das vacaccións de verán para os nosos nenos futbolistas..  Como todos os anos, o fútbol volve un pouco antes que a escola, xa que sabemos que os nenos de Ares están con moitas ganas de saltar ao campo de Prados Vellos e dar os primeiros toques ao balón nesta temporada. As datas da presentación e primeiro adestramento das categorías de fútbol - 8 son as seguintes;

ALEVÍNS E BENXAMÍNS: Luns 27 de AGOSTO ÁS 18:00 EN PRADOS VELLOS.  Os alevíns serán adestrados esta temporada por Eugenio Margharetto, "Genete", con Eloy Escudero como delegado. Os benxamíns, terán ao mando a Dani Espiñeira, con Jose María Varela, "Chemari" nas tarefas delegado do equipo.

PREBENXAMÍNS: XOVES 30 DE AGOSTO ÁS 17:45. Os prebenxamíns terán como Monitor a Dani Cartelle e como delegado a Jose Rey, "Macuto".

BIBERÓNS: Os mais pequenos do Numancia apurarán ao máximo as vacaccións de verán, polo que iniciaran a actividade a durante o mes de Setembro, con Jorge Martínez "Tropy" como Monitor do equipo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.