FIN DE SEMANA DE AMIGABLES NA BASE

ADR NUmancia de Ares.XUVENÍS, CADETES E INFANTÍS XOGARON ESTOS DÍAS PARTIDOS DE PRETEMPORADA EN PRADOS VELLOS 

O fútbol segue ocupando protagonismo nas nosas vidas, o verán vai chegando ao seu fin e os nosos equipos comezan a preparar o inicio das competicións. A pasada fin de semana, os tres equipos da base de fútbol - 11 disputarón os seus partidos en Prados Vellos.

ADR Numancia de Ares. Infantiles 2018-19. Numancia d eAres - Meiras

XUVENÍS:

O venres as 20:00 xogaron ante o Meirás CF. Boa pedra de toque para uns xuvenís que recibirán a ese mesmo equipo na segunda xornada. Partido moi igualado e pechado, no que o Numancia mellorou a imaxe dos encontros anteriores. A falta de gol condenou ao equipo a unha derrota, xa que o Meirás aproveitou unha das suas ocasións na segunda metade.

O próximo sábado 1 de Setembro, os xuvenís recibirán as 19:00 en Prados Vellos ao AD Cristo Rey de Oleiros.

 

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2018-19. Numancia d eAres - Meiras

CADETES:

Segundo partido de pretemporada para o equipo cadete, que viña de proclamarse campeón do Trofeo Vila de Ares a semana anterior ante o  Galicia de Mugardos. O venres as 18:00 xogaron ante o Meirás CF, e foron derrotados claramente por 1-6 nun partido típico de pretemporada onde Juan Alberto fixo moitas probas e cambios de posicións no equipo.

O próximo mércores 29 de Agosto, o equipo cadete xogará ante o Cultural Maniños a partir das 18:45 no campo de O Pote.

 

ADR Numancia de Ares. Infantiles 2018-19. Numancia de Ares - G. Caranza B

INFANTÍS:

O sábado as 11:30 foi o turno para o primeiro partido de pretemporada dos infantís, que xogaron ante o Galicia de Caranza "B". Bo regreso de Ángel Mahía ao banquillo do Numancia, xa que os dous equipos fixeron moi bo fútbol, sendo a vitoria para os nosos rapaces por 7-3.

O próximo sábado 1 de Setembro, o equipo infantil recibirá en Prados Vellos as 17:00 ao Portazgo SD de Culleredo.

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.