Inicio Noticias Xerais ÁNGEL MAHÍA DIRIXIRÁ AO NUMANCIA INFANTIL 2018 - 2019
 
 

ÁNGEL MAHÍA DIRIXIRÁ AO NUMANCIA INFANTIL 2018 - 2019

ADR Numancia de AresÁNGEL MAHÍA E ALBERTO IGLESIAS, COMEZARON O PASADO LUNS 20 DE AGOSTO O TRABALLO CO EQUIPO INFANTIL DA ENTIDADE

As 20:00 foi a hora elixida por Ángel Mahía e Alberto Iglesias, dous homes que regresan ao Numancia, para dar comezo ao traballo co equipo infantil do Numancia 2018 - 2019, que ten as seguintes novidades no seu plantel:

ADR Numancia de Ares. Infantiles 2018-2019. Entrenadores Ángel Mahía y Alberto Iglesias.

Baixas: Telmo Gómez, Diego Fernández, Martin Miguel, Chechu Rañales, Raúl Maceira, Maodo, Zoel Arnoso e Óscar Domínguez, que se incorporaron ao equipo cadete.

Altas: Carlos Aguilar (Galicia de Mugardos), Adrián Martínez (Galicia de Caranza), Brais Martín, David Vilasánchez e Axel Quesada (procedentes do equipo alevín)

O equipo infantil mantén unha base sólida da pasada temporada, con moitos xogadores de último ano. Sumáronse a eles tres nenos que subiron dende os alevíns, así como dous xogadores de primeiro ano chegados de Mugardos e de Caranza. Un bo plantel que a bo seguro aproveitará esta temporada para seguir formándose e crecendo tanto a nivel deportivo, como o mais importante, a nivel persoal.

Os partidos amigables confirmados ata o momento para os infantís son os seguintes:

Numancia - Galicia de Caranza "B" (sábado 25 de Agosto, ás 11:30 en Prados Vellos)

Numancia - Portazgo SD (sábado 1 de Setembro, ás 17:00 en Prados Vellos)

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.