Inicio Noticias Xerais O Concello inicia o proceso de licitación do alumeado público do campo de fútbol de Prados Vellos
 
 

O Concello inicia o proceso de licitación do alumeado público do campo de fútbol de Prados Vellos


O Concello de Ares vén de iniciar o proceso licitatorio das obras de alumeado público do campo de fútbol de Prados Vellos, unha actuación que será sufraga pola Deputación Provincial, cunha achega de 60.000 euros, e a propia administración local, que aportará 36.278,06 euros.En total, o orzamento base será de 96.278,06 euros.

O obxectivo desta actuación, correspondente á primeira fase do proxecto, pasa por dotar ao campo de fútbol municipal dun sistema de alumeado artificial óptimo para poder desenvolver as actividades deportivas que neste recinto se celebran ao longo de todo o día. En total, son catro as torres que darán luz ao campo, que xa foi obxecto recentemente dunha importante actuación por parte da institución que dirixe Salvador Fernández Moreda e que consistíu na instalación de herba artificial. Entón, o investimento ascendeu a 300.000 euros.
A Xunta de Goberno Local do pasado xoves deu o visto á contratación desta obra, que se tramitará mediante procedimiento negociado.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.