Inicio Noticias Xerais O CULTURAL MANIÑOS ADXUDICOUSE O XXXI TROFEO CONCELLO DE ARES
 
 

O CULTURAL MANIÑOS ADXUDICOUSE O XXXI TROFEO CONCELLO DE ARES

ADR Numancia de AresO Numancia de Ares, aproveitou este encontro para agradecerlle ao Cultural Maniños a súa colaboración durante a temporada pasada.

Nunha calurosa tarde de domingo, en medio da voráxime da novedosa Festa Indiana de Ares, Numancia e Maniños citáronse nun Prados Vellos, esta vez non tan ateigado, para loitar polo XXXI TROFEO CONCELLO DE ARES de fútbol modesto.

Antes do comezo do partido, a nosa Vicepresidenta, Gelvi Fernández fixo entrega a Presidenta do Cultural Maniños, Puri Hermida, dunha placa en agradecemento por parte do noso club a entidade de O Pote, por cedernos as suas instalacións de maneira totalmente desinteresada, durante o tempo que duraron as obras da reparación do muro de Prados Vellos.

No aspecto deportivo, Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste envite:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Amenedo, Antón, Berto,  Vicente, Pablo Ferro, Elías, Julio, Espiñeira, Alex Pita e Rubén. Tamén xogaron: Pivo, Martín, Chapu, Carlos Vázquez e Joaquín.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados  XXXI Trofeo  Concello de Ares.

CRÓNICA:

Na primeira metade, o Maniños foi moi superior a un Numancia que nunca atopou o seu sitio no campo. O maior ritmo de xogo dos de Fene, con boa circulación de balón e ideas moi claras, fixo que o Numancia sufrira neste primeiro tempo. O 0-2 ao descanso facía xustiza a o bo facer dos visitantes en Prados Vellos.

Na reanudación, igualaronse as forzas e o Numancia tivo algunha ocasión de gol. Nunha delas, o gardarredes visitante facíalle unha gran parada a Chapu cando a Marea Vermella cantaba ó gol. Un novo tanto do Maniños, refrendaba o 0-3 definitiva e proclamaba aos de O Pote como campións do XXXI TROFEO CONCELLO DE ARES de fútbol modestos.

Unha vez finalizado o partido, o Delegado da RFGF de Fútbol en Ferrol, Manolo Mesa,  José Juan Vilar en representación do Concello de Ares e Gelvi Fernández representando ao Numancia, facían entrega dos trofeos aos dous equipos e tamén dun detalle ao colexiado do partido.

Esta semana, os nosos adestrarán martes e xoves, xogando dous partidos amigables. O venres ás 19:30 visitarán O Ramo para medirse a SD Barallobre. O domingo recibirán en Prados Vellos ao equipo coruñes do Orillamar SD, no que será o último partido amigable antes do comezo da Liga, previsto para o domingo 2 de Setembro no campo de A Veiga de Cabañas ante o equipo local.

Galería de imaxes do XXXI Trofeo de Afeccionados Concello de Ares 2018

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.