GOLES, HOMENAXES E FENOMENAL AMBIENTE NO IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE

ADR Numancia de Ares.O GALICIA DE MUGARDOS LEVOUSE O TROFEO, NUN PARTIDO NO QUE CARLA VILASÁNCHEZ FIXO O SAQUE DE HONRA.

Partido celebrado ante mais de 300 espectadores que con motivo do IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE, acudiron a Prados Vellos a presenciar un encontro de pretemporada entre o Numancia de Ares e o Galicia de Mugardos. Antes do inicio do mesmo, a triple campiona de España de ximnasia rítmica, a aresá Carla Vilasánchez, foi homenaxeada polo noso club e pola Comisión de Festas de San Roque. A nosa presidenta Elena Fuentes agasallou a Carla cunha camiseta de "Eu son Numan" e cunha bufanda da entidade. Pola sua parte, Luís Fuentes en representación da Comisión de Festas de San Roque entregoulle a ximnasta aresá un ramo de flores. Posteriormente, Carla Vilasánchez Fernández realizou o saque de honra e posou xunto aos componenes dos dous equipos.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Kike, Antón, Vicente, Berto, Amenedo, Marcelo, Fran Ripas, Iván Pivo, Dani Espiñeira, Rubén e Alex Pita. Tamén xogaron: Óscar, Pablo Ferro, Elías, Martín, Julio, Joaquín e Chapu.

Adestrador: Miguel Carballeira

Delegado: José Antón

G. MUGARDOS: Ángel, Bruno, Adrián, Termi, Jorge, Jorge Nano, Diego Chis, Dani Ramos, Josiño, Artai e Nes.  Tamén xogaron: Jorge López, Marcos, Alex e Ponce.

Adestrador: Jose Luís Fontao

Delegado: Colás Barcia

CRÓNICA:

ADR Numancia de Ares. Carla Vilasanchez, Elena Fuentes y Luis FuentesNa primeira metade, un Galicia con mais rodaxe nas suas pernas imprimiu un ritmo alto de partido. O Numancia foi quen de dar a cara nos primeiros 45 minutos, aínda que os visitantes chegaban algunha vez a porta ben defendia por Kike. No minuto 35, o capitán mugardés, Adrián Martínez conseguía o 0-1 aproveitando o rexeitamento dun saque de esquina. Con ese resultado chegábase ao descanso.

Na segunda parte, os trocos nos dous equipos abriron o partido. Vimos oportunidades nas dúas porterías. Anotaba o Galicia o 0-2 no minuto 55 ao transformar Nes un claro penalti cometido por Marcelo. O Numancia non lle perdeu a cara ao encontro e Chapu cunha fermosa volea tras unha asistencia de Elías facía o 1-2 no minuto 65. No tramo final do encontro, os numantinos tiveron ocasións para empatar e os de Mehá para matar o partido á contra. Non se moveu o marcador, e o IV Trofeo Festas de San Roque marchou para A Pedreira.

Unha vez finalizado ó partido, Luís Fuentes e Beatriz López, en representación da Comisión de Festas de San Roque entregaron os respectivos trofeos aos dous equipos. Dende o Numancia de Ares agradecemos a Comisión de Festas de San Roque por seguir un ano mais colaborado coa nosa entidade e ao Galicia de Mugardos por vir a xogar con nos estre trofeo por terceiro ano consecutivo.

Os nosos seguirán co traballo de pretemporada, adestrando esta semana o luns e o xoves para preparar o Trofeo Concello de Ares que terá lugar o domingo ás 19:00 en Prados Vellos no que o Numancia recibirá a outro equipo da Primeira Galicia, o Cultural Maniños SD.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Acceso á Galería Fotográfica do encontro.

ADR Numancia de Ares. Carla Vilasanchez, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.

 

ADR Numancia de Ares. Galicia de Mugardos, ganador do IV Trofeo Fiestas de San Roque 2018 ADR Numancia de Ares. Numancia de Ares,subcampeón do IV Trofeo Fiestas de San Roque 2018

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.