Saúdo da presidenta.

ADR Numancia de Ares.

SAÚDO DA PRESIDENTA

En nome da nova Xunta Directiva da A.D.R. Numancia de Ares, saúdo a todos os seus socios, colaboradores, afeccionados, e a todos os que de algún xeito estean vinculados ao noso clube.

ADR Numancia de Ares. María Elena Fuentes Yáñez. Presidenta.E aproveito para agradecer, porque queremos e debemos, á anterior Xunta Directiva, o seu traballo ao longo dos últimos anos, así como a súa disposición amosada para colaborar con nós sempre que se precise.

Neste ano 2018 comezamos esta nova etapa con ilusión e gañas de facer as cousas do mellor xeito posible, ainda que somos conscientes que non é tarefa doada. Por iso, pedimos da vosa paciencia e comprensión en estes inicios.

Esta nova Xunta Directiva ten como máxima prioridade velar polo bo funcionamento do noso clube, así que tentaremos que todas as accións e decisións que se tomen vaian na linea de acadar ese obxectivo.

Pero sabemos que esas decisións e accións non serán do agrado de todos. E pedimos, por tanto, a vosa colaboración , porque TODOS SOMOS NUMAN, e xuntos será máis doado.

 

GRAZAS!!

FORZA NUMAN!!!!


Asdo: Mª Elena Fuentes Yáñez

Presidenta ADR Numancia de Ares 

 

Organigrama da xunta directiva actual

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.