Saúdo da presidenta.
SAÚDO DA PRESIDENTA
En nome da nova Xunta Directiva da A.D.R. Numancia de Ares, saúdo a todos os seus socios, colaboradores, afeccionados, e a todos os que de algún xeito estean vinculados ao noso clube.
E aproveito para agradecer, porque queremos e debemos, á anterior Xunta Directiva, o seu traballo ao longo dos últimos anos, así como a súa disposición amosada para colaborar con nós sempre que se precise.
Neste ano 2018 comezamos esta nova etapa con ilusión e gañas de facer as cousas do mellor xeito posible, ainda que somos conscientes que non é tarefa doada. Por iso, pedimos da vosa paciencia e comprensión en estes inicios.
Esta nova Xunta Directiva ten como máxima prioridade velar polo bo funcionamento do noso clube, así que tentaremos que todas as accións e decisións que se tomen vaian na linea de acadar ese obxectivo.
Pero sabemos que esas decisións e accións non serán do agrado de todos. E pedimos, por tanto, a vosa colaboración , porque TODOS SOMOS NUMAN, e xuntos será máis doado.
GRAZAS!!
FORZA NUMAN!!!!
Asdo: Mª Elena Fuentes Yáñez
Presidenta ADR Numancia de Ares