Inicio Noticias Xerais Torneo Solidario. Una Cura Para Adri.
 
 

Torneo Solidario. Una Cura Para Adri.

MOITOS GOLES A FAVOR DE SUPERADRI EN PRADOS VELLOS

Una cura para Adri.
O pasado venres 15 de Xuño, Prados Vellos acolleu o I Torneo de Convivencia "Una Cura para Adri". Organizado pola Numancia en colaboración co concello de Ares e a Asociación de Una Cura para Adri, o noso campo acolleu varios partidos de fútbol - 8 no que o único obxetivo dos memos era loitar contra o Síndrome de Hunter. SDR Numancia de Ares, Galicia de Mugardos, Cultural Maniños e CCRD Perlío xogaron varios partidos de biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns entre as 16:30 e as 20:30 da tarde. Non se anotaron os resultados dos partidos, polo que tampouco houbo clasificacións finais. Todos os goles dos nenos sumaron nun mesmo marcador, conseguindo así vencer por goleada ao Síndrome de Hunter. Tamén axudaron a causa os colexiados da Delegación de Ferrol, Rubén Díaz, Adán Rivera, Édgar Fraga e Juan Silvent dirixindo os partidos de forma totalmente desinteresada.  Rematados os partidos, os nenos recibiron zume, froita e unha lanterna conmemorativa do evento. Os colexiados, recibiron unha camiseta de "Una Cura para Adri", unha lanterna e un detalle en forma de trofeo para a Delegación Ferrola do Colexio Galego de Árbitros.

 

No aspecto social do evento, entregáronse as camisetas do Real Madrid, Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid e FC Barcelona, que se sortearan durante o mes de maio por medio da Asociación de Una Cura para Adri. Salientar os xestos de Jose Juán Vilar e de Pablo García, que devolveron a sua camiseta aos organizadores da rifa para que esta poida usarse en sucesivos sorteos. Posteriormente, sorteáronse os distintos agasallos donados polas empresas colaboradoras do evento. Unha cena na Pizzería O Bodegón, unha fin de semana de relax, un altavoz, unha cafeteira (a cal foi donada pola premiada, María Allegue a asociación de Una Cura para Adri), unha tablet, unha camiseta do RC Deportivo de A Coruña asinada polos seus xogadores e una televisión de 32 polgadas. Moitos premios que agradeceron a colaboración dos asistentes coa asociación de Una Cura para Adri, que durante toda a tarde tivo á venta artículos da mesma en Prados Vellos. Non faltou detalle nesta bonita tarde.

Dende a SDR Numancia de Ares queremos agradecer ao Galicia de Mugardos, Cultural Maniños,  CCRD Perlío, Real Federación Galega de Fútbol, Delegación Ferrolá do Colexio Galego de Árbitros, Concello de Ares (representados no evento polos concelleiros, D. Jose Juan Vilar e Dª Alma Barrón) Gadis, Pizzería O Bodegón, Máster Cadena Ares e Ferretería Sar pola sua colaboración nestre gran evento solidario celebrado en Prados Vellos. ¡¡¡Moitísimas gracias a todos¡¡¡

XUNTOS SOMOS MELLORES

#unacuraparaAdri

AUPA NUMANCIA

 

 

Galería fotográfica de esta xornada de Convivencia "Una Cura para Adri" pulsando en este enlace

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.