ANÁLISE DA XORNADA DO 3 DE XUÑO DE 2018

 OS MODESTOS A SEMIFINAI DE COPA. OS CADETES, CAMPIÓNS DA COPA AFACO

Momento moi doce en canto a resultados o que está a vivir a nosa entidade. O fin de semana das Alfombras Florais en Ares resultou moi fructífero e bonito para os nosos equipos. Analizamos con detalle o sucedido.



ADR Numancia de Ares. Aficionados y Cadetes 2017-2018. Cuartos de Final de Copa de Aficionados. Numancia, 1 - Eume, 0. Prados Vellos.MODESTOS: Nun campo de Prados Vellos, que rexistrou unha magnífica entrada, xogáronse os Cuartos de Final de Copa a partido único entre o Numancia e o Eume. Os eumeses, cuartos clasificados da Primeira Galicía, partían como claros favoritos. Na primeira metade, os visitantes imprimiron un alto ritmo de xogo o partido, pero os nosos xogadores aguantaron moi ben posicionados e apenas sufriron ata o descanso. Na segunda parte, Chapugol facía o 1-0 e a parroquia numantina explotaba de xúbilo. Tivo Pivo o segundo nun cabezazo que marchaba por enriba do travesaño. Os eumeses, apretaron no último tramo do partido, buscando ó empate, pero a resistencia numantina co apoio da Marea Vermella resistiu as embestidas visitantes e tamén o desconto do señor colexiado que se fixo eterno. Por sorte, non houbo mais goles e o Numancia pasaba as semifinais de Copa, onde agarda o Galicia de Mugardos.

CADETES: Na tarde do sábado, a Marea Vermella viaxaba ata Miño para animar aos cadetes na final da Copa AFACO. Na primeira metade, os nosos foron superiores ao Rápido de Neda, certificándose esa superioridade co 0-1 conseguido por Migui. Na segunda parte, comezou mellor o Neda, que poido empatar. Cando peor o estaba a pasar o Numancia, o 0-2 de Mario García rompía o partido. Non se rendiron os visitantes, que anotaban o 1-2 no tempo de desconto, levando algo de incertidume a parroquia numantina. Por sorte, o colexiado asubiaba o final e xogadores, corpo técnico, directiva e aficionados presentes festexaban a segunda Copa AFACO consecutiva dos cadetes, tanto en Miño como polas rúas de Ares. ¡¡¡Noraboa¡¡¡

FÚTBOL - 8: Comezou a ronda de Torneos de fin de temporada deste neste mes de xuño. Os encargados de inagurala foron os prebenxamíns, que o venres participaban no Torneo do Meirás CF no magnícifo céspede de herba natural do renovado Misael Prieto. Agradecer ao Meirás CF a invitación ao seu Torneo e a sua hospitalidade e bo trato coa nosa entidade.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.