Inicio Noticias Xerais CAMPIÓNS 82-83
 
 

CAMPIÓNS 82-83

35 ANOS DESPOIS, VEIGUELA INSISTE: “EU METÍN O PRIMEIRO GOL EN PRADOS VELLOS”

Cantas lembranzas! Cantas anécdotas! Reunidos despois de 35 anos daquel dobrete de Liga e Copa, once futbolistas e algúns directivos e afeccionados reviviron esa temporada 82-83 durante o longo xantar celebrado onte, sábado, na cantina de Prados Vellos.

ADR Numancia de Ares. Campeones de Copa y Liga 82-83. 35 Aniversario.Ares, 3 de xuño de 2018.

Manel Pérez foi o “responsábel” da histórica xuntanza. El tivo a feliz idea e el contactou cos integrantes dese histórico Numancia campión de Segunda Rexional e da Copa da Ría. Certo é que non estaban todos, por diversos motivos, pero os que puideron subir a Prados Vellos desfrutaron da xornada e algúns aínda a prolongaron algo máis. Tamén acudiu ao encontro o sr. alcalde d. Julio Iglesias, xunto a directivos da Xunta Directiva actual. Lembranzas, risas, brincadeiras e bo humor caracterizaron o espléndido xantar preparado por Benildo.

Comezou Manel aclarando que nesa mítica temporada o Numancia xogara toda a primeira volta coma visitante, rematando en primeira posición cunha vantaxe de 1 punto sobre o segundo clasificado. O ADR Numancia de Ares. Campeones de Copa y Liga 82-83. 35 Aniversario.primeiro partido en Prados Vellos tivera lugar un 7 de xaneiro e toda a segunda volta xa se xogara en Ares, conseguindo o título de Liga co conseguinte ascenso a Primeira Rexional. Colé, adestrador do equipo, manifestou o seu orgullo por pertencer a ese grupo, do que salientou o seu compromiso, ata o punto de recoñecer que nunca tivera outro equipo coma ese. Manolo de Redes lembraba algunhas das negociacións feitas para fichar a un par de mugardeses. E todos seguiamos vendo coma Veiguela fuxía co trofeo mentres repetía: “Eu metín o primeiro gol en Prados Vellos”. 

En fin, moitísimas anécdotas e lembranzas nun estupendo ambiente de vellos compañeiros que seguramente non esquecerán tampouco este reencontro. Sempre estarán na historia do Numancia.

 

ADR Numancia de Ares. Campeones de Copa y Liga 82-83. 35 Aniversario 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.