Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 3 DE XUÑO DE 2018
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 3 DE XUÑO DE 2018

FÚTBOL E FLORES, NUNHA FIN DE SEMANA ESPECIAL 

Primeira fin de semana de Xuño, con compromisos importantes para os nosos equipos. Cuartos de Final da Copa da Ría e Final da Copa AFACO na fin de semana das Alfombras Florais. 

 

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Final Afaco.MODESTOS: O domingo as 18:30 todo bo numantino ten unha cita ineludible co primeiro equipo en Prados Vellos. Con motivo dos Curtos de Final da Copa da Ría, a partido único, visita Ares o Eume Deportivo, cuarto clasificado esta temporada da Primeira Galicia. Reto difícil para os nosos, pero con compromiso, ilusión e co gran apoio da Marea Vermella intentarán dar á sorpresa e conseguir o billete para as semifinais copeiras. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡ 

CADETES: O sábado as 16:30 no Municipal de Miño, o Numancia ten unha desas citas deportivas e sociais. Os rapaces cadetes, xogan a final da Copa AFACO ante o Rápido de Neda, un rival correoso e moi físico. A bo seguro, será un partido moi igualado, como os disputados durante a temporada por estos dous equipos. Agardamos un gran ambiente en Miño, sabendo que a nosa afición será ruidosa e dará colorido as bancadas como nas grandes ocasións. Pase o que pase no campo, este partido ten que ser unha festa para os asistentes. ¡¡¡Vémonos no Municipal de Miño¡¡¡ 

FÚTBOL - 8: Comezan os compromisos dos nosos equipos do fútbol - 8 nos tradicionais Torneos de fin de temporada. Este venres, os prebenxamíns disputarán o Torneo de Fútbol - 8 do Meirás CF no magnífico campo de herba natural do Misael Prieto. 


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.