ESTRELAS DA SEGUNDA AUTONÓMICA FERROLÁ.

ONCE IDEAL DA 2ª AUTONÓMICA DE FERROL, TEMPORADA  2017/18

Entre os once "seleccionados" encontramos a Teti, Pita e Chapu.

Ares, 31 de maio de 2018.

Reunidos esta pasada fin de semana os xogadores do equipo de afeccionados do Numancia no restaurante A Casa Nova, tras unha cea de confraternidade coas súas correspondentes copas, xurdiu na conversa a idea de confeccionar o equipo de afeccionados da 2ª Autonómica de Ferrol, posto a posto. Se houbo unanimidade en certos nomes, noutros casos puxéronse de manifesto valoracións moi diferentes. En todo caso, o tema serviu para prolongar a xuntanza conversando de fútbol. Aquí vai a proposta dos modestos numantinos:

Porteiro: Iñaki (Maniños).

Lateral dereito: Ángel (Maniños).

Central dereito: Teti (Numancia).

Central esquerdo: Manu Amado (Neda).

Lateral esquerdo: Aitor (Meirás).

Medio centro: Fabio (Cebarca).

Medio dereito: Dani Zapa (Maniños).

Medio esquerdo: Popo (Narón).

Extremo dereito: Pita (Numancia).

Dianteiro centro: Chapu (Numancia).

Extremo esquerdo: Pelé (Maniños).

 

Adestrador: Manel Montero (Meirás).

 

Árbitro: Víctor Villaverde.

 

Por certo, algún xogador tamén lembrou cal puido ser o “mellor momento” da temporada, a anécdota do campionato: “Eu lembro aquel partido co Valdoviño no que iamos gañando por 3 – 1 e, tras unhas decisións bastante desafortunadas do árbitro, Carballeira entra ao campo para dicirlle a Bejarano, indicándolle cos dedos o empate a 3 goles: “Ya está, ya está. Lo has conseguido”.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.