ACORDOS DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.
MARÍA ELENA FUENTES YÁÑEZ, PRIMEIRA PRESIDENTA DO NUMANCIA.
Na mañá de onte, e ante uns cincuenta socios, Elena conseguiu o apoio para dirixir ao Numancia durante os próximos catro anos.
Ares, 28 de maio de 2018.
Comezaba a asemblea extraordinaria, na súa segunda convocatoria ás 11.30 h. de onte, domingo 27 de maio, coa aceptación da demisión do presidente Antonio Rodríguez Martínez e a súa Xunta directiva.
No segundo punto da orde do día, María Elena Fuentes Yáñez presentaba a súa candidatura para presidir o club, e, non habendo máis candidaturas, foi elexida por unanimidade de todos os socios presentes. Ábrese unha nova etapa no club que esperamos sexa fructífera e exitosa. Todos debemos agradecer a dispoñibilidade de Elena e as súas compañeiras de Xunta Directiva para traballar por unha sociedade deportiva que ten coma obxectivo principal facilitar a práctica do fútbol entre a mocidade aresá. Ademais, estamos seguros que contarán co apoio de moitos socios e simpatizantes.
Así pois, parabéns e sorte para unha Xunta Directiva nova que daremos a coñecer nos vindeiros días.