Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 27 DE MAIO DE 2018
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 27 DE MAIO DE 2018

ESTE DOMINGO, TOD@S A MANDIÁ.

Temos por diante o último fin de semana de maio. As eliminatorias copeiras e a festa de fin de temporada do fútbol - 8 do Numancia, ocuparán o protagonismo dos próximos días.

 



ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Previa Copa delegación Ferrol. Mandiá - Numancia.MODESTOS
: O domingo as 18:00 no campo de Boavista da parroquia ferrolana de Mandiá, o noso prineiro equipo disputa a eliminatoria dos Oitavos de Final da Copa da Ría ante o Mandiá CF. Despois de eliminar a Moeche e Cariño, os nosos chegan con forza e moita moral a esta eliminatoria. O rival, afrontará con ilusión un dos partidos mais importantes da sua historia, xogando ademais na sua casa. Os nosos xogadores deberán estar moi concentrados e acertados, para conseguir o pase aos Cuartos de Final da competición. Para iso, agardan contar cun bo número de seguidores da Marea Vermella na parroquia ferrolá. ¡¡¡Non faltes¡¡¡

 



CADETES: O venres as 18:30 no campo de O Cadaval xogan ante o CD Narón "B" a semifinal da Copa AFACO. Os rapaces, buscarán a vitoria para poder clasificarse para a final. Defende o equipo cadete, o campionato da Copa AFACO conseguido a pasada temporada. Anima aos cadetes este venres en Narón. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡



FÚTBOL - 8: Remataba este mércores a última Liga que faltaba por facelo. O alevín "B" pechaba a competición vencendo en Prados Vellos ao Meirás CF, finalizando desta maneira na 3ª posición do grupo 2 da sua categoría. Coas Ligas rematadas, este sábado terá lugar o tradicional xantas de fin de temporada no marco incomparable do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Comida, xogos e sorteo de agasallos entre os nenos para despedir a temporada oficial e coller forza para os Torneos do mes de Xuño.



¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.