ANÁLISE DA XORNADA DO 20 DE MAIO DE 2018
SEGUIMOS DE COPAS
Intenso e caluroso fin de semana de Maio, onde temos que celebrar a clasificación dos modestos para os oitavos de final da Copa da Ría e a dos cadetes para as semifinais da Copa AFACO. Analizamos o sucedido:
MODESTOS: Costou moito, tal e como se contaba, eliminar ao CD Cariño en Prados Vellos. Nun domingo veraniego, vimos unha primeira parte moi tensa na que se adiantaba o Numancia, para logo conseguir os de Ortegal o 1-1 co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade, un Numancia moi enchufado foi quen de templar os nervios coa chegada dos goles. Aínda así, non se poido evitar a expulsión do goleador por dúas veces, Alex Pita, nun partido típico de Copa, con ambiente, tensión,loita, polémica e o mais importante; coa clasificación do noso primeiro equipo para os Oitavos de Final, onde agarda o Mandiá CF no seu campo de Boavista.
XUVENÍS: Non conseguiron avanzar na Copa AFACO os xuvenís, nun triangular xogado no campo de O Cadaval nunha tarde de moitísimo calor. Os rapaces, perdían por 2-0 ante o CD Narón e por 1-0 ante o G. Mugardos, quedando eliminados do Torneo. Fin dunha aceptable temporada para os xuvenís que deberán coller forza nas vacaccións para afrontar ilusionantes retos a próxima temporada. ¡¡¡Gracias por todo rapaces¡¡¡
CADETES: Na tarde do sábado conseguian o pase as semifinais da Copa AFACO nun triangular disputado en Mugardos. As reducidas dimensións do anexo da Pedreira condicionou o xogo dos tres partidos. Os numantinos caían ante o AD Miño, pero a vitoria ante o G. Mugardos dáballes o pase as semifinais, onde agarda o CD Narón "B" no seu campo de O Cadaval.
INFANTÍS: Gran tarde de fútbol infantil a que se viviu o venres en Prados Vellos con motivo da Copa AFACO. O Eume vencían ao G. Mugardos e o AD Miño facía o mesmo ante o Numancia nos penaltis. No terceiro e cuarto posto, os mugardeses vencían no derbi aos nosos xogadores. No último partido do cuadrangular, o AD Miño conseguía o pase as semifinais da AFACO tras derrotar ao Eume Deportivo. Fin de temporada para o noso equipo infantil, que fixo un gran esforzo durante todo o ano. Toca descansar. ¡¡¡Gracias nenos e a seguir crecendo¡¡¡
FÚTBOL - 8: Os biberóns, disfrutaban o xoves festivo do Torneo organizado polo Cedeira SD no campo de O Beco. Ata catro partidos xogaban os nosos pequenos fútbolistas. Agradecer ao Cedeira SD pola invitación ao Torneo e o bo trato durante o mesmo. Xa o venres, o alevín "B" vencía a domicilio ao Eume Deportivo na penúltima xornada de Liga.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡