PREVIA DA XORNADA DO 20 DE MAIO DE 2018

 ELIMINATORIA DOS MODESTOS CO CD CARIÑO E COPA AFACO INFANTIL, EN PRADOS VELLOS
 

O muro de Prados Vellos xa está rematado. ¡¡¡Habemus muro¡¡¡ E ten beirarrúa. Polo tanto, o noso campo poderá acoller este fin de semana a eliminatoria de Copa do primeiro equipo e a Copa AFACO infantil. Unha Copa AFACO que tamén comezan xuvenís e cadetes. Analizamos os partidos que nos agardan os vindeiros días:

 

 

ADR Numancia de Ares. Campo de Prados Vellos. Temporada 2017-2018MODESTOS: O domingo as 17:30 en Prados Vellos chega unha nova ronda de Copa para o primeiro equipo. Despois de superar a boa xente do ADC Moeche a domicilio, os nosos xogadores terán que medirse ao CD Cariño, un equipo perigoso que conta con xogadores de calidade e con sobrada experiencia na categoría. Xa é un clásico da Copa este partido entre aresanos e orteganos.Non é un equipo o de Cariño que se lle dea moi ben ao Numancia tradicionalmente na Copa, polo que os nosos necesitarán o apoio de toda a Marea Vermella este domingo en Prados Vellos para buscar o pase a seguinte ronda. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


XUVENÍS: O sábado no campo de O Cadaval de Naron, comeza a Copa AFAC0 de xuvenis. Os nosos buscarán o pase as semifinais da mesma nun triangular onde se medirán ao anfitrión, o CD Narón e ao Galicia de Mugardos. As 16:00 (Narón - Numancia), as 17:00 (Perdedor 1 - G. Mugardos) e as 18:00 (Vencedor 1 - G. Mugardos). Partidos de 45 minutos.


CADETES: O sábado no campo de A Pedreira de Mugardos comeza a Copa AFACO cadete. Os rapaces terán derbi cos mugardeses e revancha co AD Miño, conxunto que privou os nosos de quedar campións de Liga. As 17:00 (G. Mugardos - Miño), as 18:00 (Perdedor 1 - Numancia) e as 19:00 (Vencedor 1 - Numancia). Partidos de 40 minutos co pase as semifinais en xogo.


INFANTÍS: Tarde de fútbol infantil este venres en Prados Vellos. Catro equipos buscarán o pase a semifinal da Copa AFACO. As 17:30 (Eume - G. Mugardos), as 18:15 (Numancia - AD Miño), as 19:00 (3º Y 4º posto), quedando para as 19:45 a FINAL deste cuadrangular de fútbol infantil en Prados Vellos. Partidos de 40 minutos.


FÚTBOL - 8: Abren a xornada futbolística destos días os biberóns, que o xoves disfrutarán do Torneo organizado polo Cedeira SD no campo de O Beco. Xogarán as 16:30 ante o G. Caranza, as 17:00 co CD As Pontes e as 18:30 ante o Narón O Freixo. O venres, penúltima xornada de Liga para o alevín "B", Eume - Numancia "B" as 18:00 en Pontedeume.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.