PREVIA DA XORNADA DO 20 DE MAIO DE 2018
ELIMINATORIA DOS MODESTOS CO CD CARIÑO E COPA AFACO INFANTIL, EN PRADOS VELLOS
O muro de Prados Vellos xa está rematado. ¡¡¡Habemus muro¡¡¡ E ten beirarrúa. Polo tanto, o noso campo poderá acoller este fin de semana a eliminatoria de Copa do primeiro equipo e a Copa AFACO infantil. Unha Copa AFACO que tamén comezan xuvenís e cadetes. Analizamos os partidos que nos agardan os vindeiros días:
MODESTOS: O domingo as 17:30 en Prados Vellos chega unha nova ronda de Copa para o primeiro equipo. Despois de superar a boa xente do ADC Moeche a domicilio, os nosos xogadores terán que medirse ao CD Cariño, un equipo perigoso que conta con xogadores de calidade e con sobrada experiencia na categoría. Xa é un clásico da Copa este partido entre aresanos e orteganos.Non é un equipo o de Cariño que se lle dea moi ben ao Numancia tradicionalmente na Copa, polo que os nosos necesitarán o apoio de toda a Marea Vermella este domingo en Prados Vellos para buscar o pase a seguinte ronda. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡
XUVENÍS: O sábado no campo de O Cadaval de Naron, comeza a Copa AFAC0 de xuvenis. Os nosos buscarán o pase as semifinais da mesma nun triangular onde se medirán ao anfitrión, o CD Narón e ao Galicia de Mugardos. As 16:00 (Narón - Numancia), as 17:00 (Perdedor 1 - G. Mugardos) e as 18:00 (Vencedor 1 - G. Mugardos). Partidos de 45 minutos.
CADETES: O sábado no campo de A Pedreira de Mugardos comeza a Copa AFACO cadete. Os rapaces terán derbi cos mugardeses e revancha co AD Miño, conxunto que privou os nosos de quedar campións de Liga. As 17:00 (G. Mugardos - Miño), as 18:00 (Perdedor 1 - Numancia) e as 19:00 (Vencedor 1 - Numancia). Partidos de 40 minutos co pase as semifinais en xogo.
INFANTÍS: Tarde de fútbol infantil este venres en Prados Vellos. Catro equipos buscarán o pase a semifinal da Copa AFACO. As 17:30 (Eume - G. Mugardos), as 18:15 (Numancia - AD Miño), as 19:00 (3º Y 4º posto), quedando para as 19:45 a FINAL deste cuadrangular de fútbol infantil en Prados Vellos. Partidos de 40 minutos.
FÚTBOL - 8: Abren a xornada futbolística destos días os biberóns, que o xoves disfrutarán do Torneo organizado polo Cedeira SD no campo de O Beco. Xogarán as 16:30 ante o G. Caranza, as 17:00 co CD As Pontes e as 18:30 ante o Narón O Freixo. O venres, penúltima xornada de Liga para o alevín "B", Eume - Numancia "B" as 18:00 en Pontedeume.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡