PREVIA DA XORNADA DO 13 DE MAIO DE 2018

COMEZA A COPA EN MOECHE. A UD PAIOSACO, VISITA PRADOS VELLOS

Comeza o sprint final de temporada, nunha fin de semana na que a celebración das primeiras comunións en Ares, condiciona e limita a actividades dos nosos equipos. Analizamos o que nos agarda nos próximos días:

 

ADR Numancia de Ares. Campo Municipal de Moeche. El Numancia lo visitará el próximo domingo en la eliminatoria de Copa.MODESTOS: O domingo as 19:00 no Municipal de Moeche comeza a Copa da Ría para o equipo de modestos. Chega o equipo con moral despois das dúas últimas vitorias nunha Liga que remataron en quinta posición. Algúns dos nosos xogadores, atenderán previamente algún que outro compromiso familiar, pero agardemos que cheguen con forza a Moeche para superar esta primeira eliminatoria de Copa. Con eles, agardamos tamén que viaxe unha boa representación da Marea Vermella para intentar chegar todos xuntos o mais lonxe posible nesta competición.

¡¡¡¡Tod@s a Moeche este domingo¡¡¡

 

XUVENÍS - CADETES - INFANTÍS: Os equipos de base do fútbol - 11 do Numancia teñen unha semana de descanso, despois de finalizar a Liga. Xuvenís, cadetes e infantís comezarán a próxima fin de semana a Copa AFACO en Naron, Mugardos e Ares, respectivamente

 

FÚTBOL - 8: Actividade condicionada polas primeiras comunións, o que fixo que os equipos de prebenxamíns e de benxamíns tiveran que renunciar a xogar os Torneos de Convivencia. Si que o fará o alevín "A", que xogará o sábado en Rio Seco ante Narón Freixo (11:30),SD O Val (12:30), R. Ferrol "C" (13:30) e Cedeira SD (14:30) na fase de grupos. En caso de quedar entre os catro primeiros do seu grupo, xogará a fase final a partir das 17:00.

 

Por outra parte, salientar que o sábado pola mañá en Prados Vellos recibiremos a visita de dous equipos alevíns da UD Paiosaco de A Laracha. Estos equipos, xogarán ante o alevín "B" do Numancia que estará reforzado nesta ocasión por algúns xogadores benxamíns. Os partidos terán lugar as 10:30 e as 11:30 no noso campo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.