ANÁLISE DA XORNADA DO 6 DE MAIO DE 2018

PUNTO E FINAL PARA AS COMPETICIÓNS DE LIGA


Na primeira fin de semana de Maio, con tempo seco e caluroso, todos os equipos do Numancia (agás o alevín "B") disputaron a última xornada nas suas competicións de Liga. Analizamos a continuación, como nos foron as cousas...


MODESTOS: Os de Miguel Carballeira e Jose Antón vencían en Valdoviño, nun partido no que destacou o xuvenil de primeiro ano, Iván Dragoevich, que conseguiu o seu primer gol cos modestos. Bo partido dun equipo que finaliza no 5º posto do grupo 1 da Segunda Galicia, nunha competición na que participaron 23 equipos, sumando os dous grupos. Notable competición de Liga do primeiro equipo, aínda que sempre pedimos máis. O domingo comeza a Copa en Moeche, unha competición na que buscarán chegar o mais lonxe posible para acadar o sobresaliente como nota final a esta temporada.

 


XUVENÍS: Os de Chemari e Cartelle vencían en Perlío nun partido onde os cinco goles chegaban na primeira metade. Martín Saavedra por dúas veces e Alex Feal facían os goles do Numancia neste partido. Tres puntos para confirmar o 7º posto no grupo 1 da Liga Xuvenil, nunha competición na que participaron 21 equipos sumando os dous grupos. Boa competición de Liga dun equipo xoven que a bon seguro irá a mais co paso do tempo. A primeira ocasión para facelo será a Copa AFACO que comezará próximamente.


CADETES: Os de Juan Alberto e Jorge vencían ao Narón Freixo, nun partido no que xogaron como locais no campo de O Pote. Tres puntos que non serviron para quedar campións de Liga, xa que o AD Miño foi quen de vencer en Meirás para proclamarse campeón. Dende esta páxina aproveitamos para felicitalo. Agradecer ao Cultural Maniños por ceder novamente as suas instalacións ao Numancia para a disputa dos seus partidos. Os cadetes rematan a Liga como subcampións do grupo 2, nunha competición onde participaron un total de 22 equipos sumando os dous grupos. A Copa AFACO é o próximo obxetivo.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Subcampeones

ARRIBA: Jorge,  Juan Alberto, Mario Martínez, José Antonio, Óscar, Alberto, Emilio, Pablo Cartelle, Diego y Martín.
ABAJO: Mario García, Migui, Chechu, Aaron, Marcos, Miguel y Telmo.
AUSENTE: Pablo García (Campeonato de Pádel)
O POTE (MANIÑOS) - 5-05-2018


INFANTÍS: Os de Genete e Eloy caían ante o Ánimas na Gándara no último partido do grupo 1 da Liga. Finalizan no 11º posto, nunha competición na que participaron 27 equipos, sumando os dous grupos. O equipo infantil, participará tamén na Copa AFACO da categoría.


FÚTBOL - 8: Os tres equipos que participaron no grupo 1 das suas categorías finalizaron a competición de Liga. Así o alevín "A" de Martín Pérez  vencía ao Eume Deportivo "B" en Prados Vellos, finaizando no 5º posto, nunha categoría na que participaron ata 46 equipos, sumando os catro grupos. Os benxamíns de David de Navas vencían en Prados Vellos ao Rápido de Neda, finalizando no 8º posto, nunha categoría na que participaron 41 equipos, sumando os catro grupos. Por último, os prebenxamíns de Jorge Martínez empataban a domicilio na Gándara ante o Racing San Pedro, finalizando no 9º posto, nunha categoría na que participaron 27 equipos, sumando os tres grupos. No grupo 2 da súa categoría, o alevín "B de Dani Espiñeira vencía ao Portuarios "B" en Prados Vellos, nunha competición na que aínda restan por xogarse tres xornadas.



¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.